Cargando....
Concello de Lugo
20/10/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Medio cento de persoas participan na visita guiada nocturna polas tumbas de persoeiros ilustres no Cemiterio Municipal de San Froilán


# Mércores, 29/10/2014
Durante este percorrido o numeroso público asistente desfrutou de varias interpretacións musicais e da lectura de poemas

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
Os Concelleiros de Servizos Xerais e Participación Cidadá, Manuel Núñez, e de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, participaron hoxe na visita guiada nocturna polo cemiterio Municipal de San Froilán, unha actividade na que participaron máis de medio cento de persoas.

Esta visita consistiu nun roteiro especial polas tumbas de cinco persoeiros ilustres da cidade como foron Xoán Montes, Luis Pimentel, Gustavo Freire, Uxío Novoneyra e Ánxel Fole. Durante este percorrido o numeroso público asistente desfrutou de varias interpretacións musicais e da lectura de poemas.

Esta actividade, organizada pola Concellería de Servizos Xerais e Participación Cidadá, pertence ao programa de diferentes actividades que se realizan no Cemiterio Municipal para a conmemoración do Día de Defuntos.

Actividades de Santos e Defuntos

Para conmemorar a festividade de Santos, o día 1 de novembro, terá lugar a actuación do grupo de música clásica Stranniki no Cemiterio Municipal ás 12.00 e as 17.00 horas, que acompañará ás persoas visitantes nos seus momentos íntimos de lembranza e de recordo de familiares e amigos falecidos.

Como ben sendo costume o día 2 celebrarase a ofrenda que a Corporación Municipal fai a todos os defuntos, que tamén estará acompañada por unha actuación musical interpretada polo grupo Stranniki.

O xoves 13 de novembro terá lugar o III Concerto da Lembranza, no que se fará a entrega dos premios aos gañadores dos dous concursos amenizado por un concerto e por lecturas en recordo dos falecidos. Para máis información na web do Cemiterio Municipal: www.lugo.es/ws/cemiterio/

Un ano máis, o Concello de Lugo, tamén reforzará as liñas de autobuses urbanos de cara o cemiterio. Para isto refórzase a liña 5E que circulará co seu percorrido e horarios habituais, reforzándose o servizo de transporte urbano ao cemiterio con 2 buses, de 9,30 a 19,00 horas. Autobuses centro-cemiterio: Saída cada 20 minutos desde a Ronda frente ao edificio dos sindicatos e a volta tamén será cada 20 minutos.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova