Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Circuito Galego de Teatro Amador representará catro obras de teatro entre mañá e o 8 de novembro en Lugo


# Xoves, 30/10/2014
As obras levaranse a cabo todos os días ás 20.30 horas no Auditorio Gustavo Freire e o custe da entrada é de 3 euros

Imaxe Asociada
Un ano máis e coa colaboración da Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, a compañía Nova Escena Teatro traerá a Lugo o Circuito Galego de Teatro Amador que comeza mañá venres 31.

Así, os días 31 de outubro, 1, 2 e 8 de novembro diferentes compañías de teatro afeccionado, representan catro pezas teatrais de diferentes estilos e temáticas. O venres 31 comezará coa representación de PortusVeneris, a cargo de Carfax Teatro, de A Coruña que representan a unha serie de mulleres chegan a un espazo misterioso, mentres están a espreita dalgún acontecemento, falan dos homes e das súas relación con eles, mentres a Morte xoga entre elas sen que se decaten.

O sábado 1 de novembro a encargada de poñer en escea Baile de Sombras será a cargo de Teatro no Aramio. Esta representación xoga coa esencia das relacións humanas que aparecen en situacións de dependencia, cando o ser humano se ve inscrito nunha arañeira pegañenta e ben tecida que fai agroma-lo mellor e o peor de cada un. Estreada en Berlín no 2011 e ganadora do Xuventude Crea 2012.

O domingo día 2 a compañía O Trasno Novo Teatro interpreta a obra Consuelo, un monólogo a dúas bandas nun espazo de tempo moi pequeno que abrangue os setenta anos de vida que Consuelo está a lembrar.

Finalmente, o sábado 8 de novembro péchase este circuito en Lugo coa representación de In Pacem da compañía lucense Nova Escena no que se a familia de Don Francisco Aguiar, respectado membro da comunidade, velan o seu cadáver. No transcorrer da noite cada un dos seus parentes e achegados van descubrindo unha insólita vida oculta que endexamais sospeitaran ou, quizais, non lles conviñera ver.

Todas as actuacións serán ás 20.30 horas e o prezo das entradas é de 3 euros na propia taquilla do Auditorio Municipal Gustavo Freire.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova