Imprimir

O CONCELLO DE LUGO INVIRTE MÁIS DE 15.000 EUROS NA MELLORA DAS INSTALACIÓNS CEDIDAS A RADIOTAXI LUGO


30/10/2014  As obras de renovación afectaron ao tellado, aos teitos interiores e á nova imaxe da súa fachada

 O Alcalde de Lugo, José López Orozco, acompañado por Fidel Rodríguez, Presidente de Radio Taxi Lugo, visitaron as instalacións desta asociación situadas no Parque da Milagrosa que foron renovadas nas últimas semanas. 


López Orozco sinalou que “invertíronse máis de 15.000 euros nas obras de mellora deste espazo para que as persoas que desenvolven aquí o seu traballo poidan facelo de maneira máis cómoda”.

Desta maneira leváronse a cabo obras de reparación do tellado do edificio para evitar as goteiras durante a época de choiva, cambiaronse os teitos interiores e pintouse tanto o interior como o exterior do edificio. “O resultado son unhas instalacións cedidas polo Concello modernas e nas que os traballadores deste servizo tan útil poden desenvolver a súa actividade” segundo López Orozco.

Pola súa parte, Fiden Rodríguez, manifestou a satisfacción dos 68 taxistas que forman parte desta asociación pola renovación das instalacións e lembrou que forma parte dunha serie de melloras do servizo, como por exemplo, a disposición da terceira licenza para un vehículo de taxi adaptado, sendo a primeira cidade de Galicia en contar co ratio que recomenda a Unión Europea.