Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O luns ábrese o prazo para recoller os vales canxeables por material escolar de educacion infantil que concede o Concello


# Venres, 31/10/2014


 A Concellería de Educación, Formación e Orientación Laboral, informa que a partir do luns 3 de novembro e ata o día 20 de novembro, as persoas que teñen concedida a axuda de material educativo para educación infantil, poderán recoller o vale de 80€. 

Os interesados en recoller o vale deberán acudir ás oficinas da Concellería de Educación, en horario de 9 a 13:30, e ubicada no Centro de Convivencia Uxio Novoneyra 3º planta. Deberán presentar o DNI do solicitante e a certificación onde conste que o alumno ou alumna está matriculado para o curso 2014-2015 e a indicación do curso e centro docente.

Unha vez presentada a certificación, entregaráselle aos solicitantes un vale  para canxear por material educativo nas librerias, por un valor igual ao das axudas concedidas.

Así, as listas definitivas das axudas para material escolar para o segundo ciclo de educación infantil poderán consultarse dende mañá sábado no tablón de edictos do Concello e nas oficinas da Concellería de Educación no Centro de Convivencia Uxio Novoneyra.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova