Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concelleiro de Servizos Xerais participa na inauguración da Feira Multisectorial e das Antigüidades e Artesanía e do CarOutlet Lugo


# Venres, 31/10/2014
As dúas exposicións están abertas no Pazo de Feiras ata o domingo

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Concelleiro de Servizos Xerais e Participación Cidadá, Manuel Núñez, participou hoxe, xunto con outras autoridades como a Deputada provincial Lara Méndez e o Subdelegado do Goberno, Ramón Carballo, na inauguración da Feira Multisectorial e das Antigüidades e Artesanía Lugo, que se celebra dende hoxe ata o domingo no Pazo de Feiras e Congresos.

Nesta feira ofrécese unha variada mostra de artigos para o fogar, menaxe, moble, téxtil, alimentación, etc. Conta coa participación de quince expositores do sector das antigüidades e trinta de artesanía que ocupan un espazo de 5.000 metros cadrados.
Nela participan tanto expositores da provincia de Lugo como do resto de Galicia e tamén de Asturias, Castela e León e o Norte de Portugal.

Este ano, ademais, celébrase conxuntamente coa cuarta edición da CarOutlet Lugo, a maior exposición de vehículos de ocasión e Km0 da provincia, con máis de 150 unidades expostas a prezos especiais, nun espazo de 4.000 metros cadrados.

O horario de apertura será os tres días de 11.00 a 21.00 horas.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova