Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo presidiu a tradicional ofrenda floral que fai a Corporación Municipal no Cemiterio Municipal


# Domingo, 02/11/2014
O xoves 13 de novembro celebrarase o Concerto da Lembranza no que todos os que queiran participar poden facelo coa lectura de poesías ou adicando cancións

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, xunto con outros membros da Corporación Municipal, realizaron a tradicional ofrenda floral con motivo do día de Defuntos, e que tivo lugar as 12.00 horas na fonte da vía principal do Cemiterio de San Froilán.

O acto de homenaxe e lembranza aos defuntos contou coa actuación de varias pezas de música clásica Stranniki.

Dende a Concellería de Servizos Xerais e Participación Cidadá organizaron unha serie de actos con motivo da celebración do Día de Santos e da que destacan dúas novidades, a celebración do I Concurso de Epitafios Unha palabra, unha emocion  co fin de potenciar o uso de epitafios no Cemiterio Municipal e a visita guida nocturna que foi éxito de participación.

Tamén está aberto o prazo ata o 4 de novembro para participar no II Concurso fotográfico sobre o Cemiterio Municipal, co cal se pretende dar prestixio e potenciar a imaxe do recinto do Cemiterio de San Froilán, e dos seus aspectos monumentais, paisaxísticos e incluso emocionais a través das “estampas de paz e acougo”. Cada participante poderá presentar un máximo de tres fotografías inéditas e orixinais para este evento; non poderán estar publicadas en calquera medio con anterioridade á data de convocatoria. As fotografías poderán realizarse pola persoa concursante no horario de apertura ao público do recinto.

Así, o último dos actos será o III Concerto da Lembranza adicado á lembranza dos seres queridos, cuxos restos repousan no recinto. Para iso convídase a todas as persoas que queran participar no acto, mediante a lectura dun texto, dun poema ou sinxelamente dunha dedicatoria do repertorio que a coral interpretará.O acto celebrarase na capela do cemiterio o xoves 13 de novembro ás 18.30 horas e iniciarase coa lectura das dedicatorias de lectura de texto ou poemas, para continuar coas dedicatorias do concerto e coa interpretación do propio concerto pola coral Lugh.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova