Cargando....
Concello de Lugo
16/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade denuncia a eliminación das axudas a mulleres vitimas de violencia dentro dos programas de cooperación coas entidade locais


# Luns, 03/11/2014
O Concello de Lugo desenvolverá un programa de prevención da violencia de xénero en sete centros educativos para nenos e nenas de entre 10 e 16 anos

Imaxe Asociada
A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, anunciou esta mañá que a Xunta elimina as axudas para mulleres vitimas de violencia de xénero dentro do Programa de Cooperación con Entidades Locais que se convocan anualmente e que “deixan nunha situación de vulnerabilidade aínda maior ás mulleres que queren cambiar de vida e facerse independentes”.

Desta maneira, “facemos unha crítica rotunda ás politicas de igualdade da Xunta xa que merman os dereitos adquiridos nesta materia” segundo explicou Ana González Abelleira. No caso do Concello de Lugo veranse afectadas cinco persoas que tiñan un contrato destas características.

A responsable da área de Igualdade manifestou que “péchase unha nova oportunidade para as mulleres vitimas de violencia de xénero que lles permitía normalizar a súa vida e ter uns recursos económicos para comezar de novo e loitar contra a súa situación xa de por si grave”.

Neste sentido, Ana González Abelleira, explicou que “a pesares de que a Xunta eliminou toda a competencia en igualdade aos Concellos resulta que lle concedeu unha subvención ao Concello para a realización de obradoiros de prevención da violencia de xénero, unha incongruencia máis do Goberno de Feijoo”.

Así, nas próximas semanas vanse a realizar obradoiros de prevención da violencia de xénero e da promoción da igualdade en diferentes centros educativos públicos da cidade. O alumnado ao que está dirixido é para nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria e para o alumnado de Educación Secundaria aos que se tratará de concienciar sobre a igualdade e os hábitos saudables nas relacións de parella mediante diferentes actividades como as charlas ou o videoforum.

En total, serán máis de 500 nenos e nenas dos centros educativos CEIP Virxe da Soidade, CEIP Rosalía de Castro, CEIP Quiroga Ballesteros, IES Xoan Montes, IES Sanxilllao, e os de Casás, que participen neste programa co que se busca crear un espazo de reflexión que permita a creación de identidades libres e deconstruir os mitos sobre as causas da violencia de xénero e a figura da vítima e o maltratador.

Na súa anterior edición que foi no curso 2012-2013, o Programa de Prevención de Violencia de Xénero acadou os resultados esperados. Un 85,5 % das persoas asistentes mellorou os seus coñecementos en materia de xénero e un 79,9% das persoas participantes valoraron o taller como excelente ou moi bo.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova