Cargando....
Concello de Lugo
16/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Este domingo realizarase unha nova visita do programa Terras da Auga e Cultura ás ínsuas do Miño en Rábade e a Avifauna


# Mércores, 05/11/2014
Os interesados poderán inscribirse ata o sábado ás 14.00 horas na oficina de Atención ao Cidadán, no teléfono de atención cidadá 010 ou na Oficina Municipal de Turismo

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, informa que xa está aberto o prazo de inscrición ata as 14:00 horas do sábado 8 de novembro para participar nunha nova visita turística organizada dentro do programa Terras de Auga e Cultura, un programa de promoción turística da zona rural de Lugo, O Corgo e Rábade. Esta actividade terá lugar o próximo domingo 9 de novembro e a visita realizarase cunha andaina polas Insuas do Miño e visitarase o Centro de Olería de Bonxe e ao centro Avifauna.

O percorrido que realizarán os participantes está deseñado pola guia oficial Inmaculada Varela e propón unha andaina polas Insuas do Miño en Rábade para gozar sen presas das cores do outono, coñecer unha das olerías máis antigas de Galicia e sorprenderse coas espectaculares aves do parque Avifauna.

Poderase levar comida e bebidas propias e tamén haberá posibilidade de xantar nalgún establecemento da zona. As entradas do centro de Olería de Bonxe e de Avifauna corren a cargo de cada un dos participantes ao igual que o xantar.

A saída é ás 10:30 horas da zona peonil da Ronda da Muralla (á altura da Porta de Bispo Aguirre) e a volta sobre ás 18:00 horas. Recoméndase o uso de roupa e calzado cómodo para camiñar. Ademais esta visita é axeitadas para todas as idades.

As visitas son gratuítas e para a deste domingo, os interesados poden inscribirse ata as 14:00 horas do sábado 2 de novembro a través do teléfono de atención cidadá 010 (982 297 350 para chamadas de fóra de Lugo) ou na Oficina Municipal de Turismo (982 251 658).


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova