Imprimir

CARMEN BASADRE PARTICIPA NA ENTREGA DOS PREMIOS DO CONCURSO A ENERXÍA DAS FESTAS DA CARPA EON DURANTE O SAN FROILÁN


5/11/2014

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e o director gerente de Begasa e responsable de E.ON en Galicia, Luis García Santalla, fixeron entrega dos diplomas aos catro gañadores do concurso A enerxía das festas durante o San Froilán.

Os catro gañadores do concurso, Xián Blanco, Xián Varela, Gundar Da Pena, e Claudia Péres, recibiron cada un un vale de 50 euros para a compra de material escolar ou libros.

Durante a entrega dos premios, Carmen Basadre, resaltou a importancia de que “empresas como E.ON, amosen o seu apoio ao Concello a través deste tipo de actividaes nas que se forma aos máis pequenos en aspectos como a eficiencia enerxética e o respeto ao medioambiente”.

Pola súa parte, Luis García, resaltou o compromiso de E.ON con Lugo, que segue contribuíndo a promover entre os máis pequenos os hábitos de consumo enerxético responsable e o respeto co medioambiente.

A iniciativa levouse a cabo durante as festas do San Froilán e nela participaron máis de 430 nenos e nenas con debuxos no concurso.