Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O programa Creative de prevención de consumo de drogas visitará a zona de ocio nocturno da Lugo


# Xoves, 06/11/2014
Está dirixido a mozos e mozas de entre 14 e 25 anos  aos que se lles informa sobre as consecuencias do consumo de drogas

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, informa que próximo sábado 8 de novembro e o sábado 13 de decembro desenvolverase na zona do Parque Rosalía de Castro varias actividades do Programa Creative que promove un consumo responsable e a prevención do consumo de drogas nos espazos de ocio nocturno de Galicia.

Este programa ten como obxetivo dar unha resposta á problemática relacionada co inicio e consolidación do consumo de drogas nos ambientes de ocio a través dunha intervención directa e dende un enfoque alternativo. Este programa conta cunha unidade móbil e un equipo de educadores que se desprazan aos lugares máis concurridos de ocio nocturno de toda Galicia.

A intervención dirixida a mozos e mozas entre os 14 e os 25 anos desenvolverase na madrugada do sábado para o domingo e ademais de repartir información e resolver dúbidas tamén realizan pequenas enquisas voluntarias sobre o tipo de sustancias consumidas e as súas alternativas de ocio.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova