Imprimir

O PROGRAMA CREATIVE DE PREVENCIÓN DE CONSUMO DE DROGAS VISITARÁ A ZONA DE OCIO NOCTURNO DA LUGO


6/11/2014 Está dirixido a mozos e mozas de entre 14 e 25 anos  aos que se lles informa sobre as consecuencias do consumo de drogas

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, informa que próximo sábado 8 de novembro e o sábado 13 de decembro desenvolverase na zona do Parque Rosalía de Castro varias actividades do Programa Creative que promove un consumo responsable e a prevención do consumo de drogas nos espazos de ocio nocturno de Galicia.

Este programa ten como obxetivo dar unha resposta á problemática relacionada co inicio e consolidación do consumo de drogas nos ambientes de ocio a través dunha intervención directa e dende un enfoque alternativo. Este programa conta cunha unidade móbil e un equipo de educadores que se desprazan aos lugares máis concurridos de ocio nocturno de toda Galicia.

A intervención dirixida a mozos e mozas entre os 14 e os 25 anos desenvolverase na madrugada do sábado para o domingo e ademais de repartir información e resolver dúbidas tamén realizan pequenas enquisas voluntarias sobre o tipo de sustancias consumidas e as súas alternativas de ocio.