Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Luis Álvarez recibiu esta mañá a visita dun grupo de estudantes de Alemaña e outro do Colexio Divina Pastora de Lugo


# Xoves, 06/11/2014


Imaxe Asociada Imaxe Asociada
 O Alcalde accidental, Luis Álvarez, recibiu esta mañá a visita de 50 alumnos e alumnas de 3º de Primaria do colexio CPR Divina Pastora Salesianos de Lugo que se achegaron a coñecer o funcionamento da administración local. 

Luis Álvarez explicoulles o funcionamento do Pleno e respondeu as preguntas dos nenos e nenas sobre o traballo que desenvolve como Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente.

 Alumnos Alemaña

Esta mañá tamén visitou a Casa Consistorial un grupo de 26 mozos e mozas da cidade de Kleinmachnow, ao sur de Berlín en Alemaña, de intecambio no IES Fingoi e que estiveron pola nosa cidade durante estes días.

Neste caso, os alumnos e alumnas interesáronse pola situación mediambiental da cidade e polo tratamento da auga.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova