Imprimir

A BANDA MUNICIPAL OFRECE O DOMINGO UN CONCERTO NA PRAZA MAIOR


7/11/2014

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, da que é responsable Carmen Basadre, organiza este vindeiro domingo, día 9 de novembro, un un concerto que ofrecerá a Banda Municipal de Lugo na Praza Maior.

A Banda, dirixida por Rosendo Ivorra Jover, actuará, a partir das 12.30 horas, e interpretará o seguinte programa:

- “Os sete infantes” (pasodobre), de J.Vázquez
- “A orillas do Danubio Azul” (valses), de Johann Strauss
- “Unha noite en Calatayud” (poema), de Pablo Luna
- “Cádiz” (2º acto), de Chueca e Valverde
- “Second suite in f” (suite), de Gustav Holst
- “De Andalucía a Aragón” (pasodobre), de Teixidor.