Cargando....
Concello de Lugo
22/10/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo convoca 10 prazas para prácticas laborais en Austria e Italia


# Venres, 07/11/2014
O luns ábrese o prazo de solicitude para 6 prazas vacantes para a realización de prácticas en Viena e 4 en Florencia, ó abeiro do programa Lugoquálitas 3

As vacantes cubriranse por riguroso orde de presentación das solicitudes no Rexistro do Concello

A Concellería de Educación, Formación e Orientación Laboral, que dirixe Esther Muñoz, anuncia a convocatoria de 10 prazas vacantes para a realización de prácticas laborais en Austria e Italia dentro do programa Lugoqualitas 3.

A Concellería de Educación desenvolveu nas últimas semanas o proceso para a selección dos participantes deste programa que ofrece a posibilidade de realizar prácticas laborais nas cidades de Belfast (Reino Unido), Viena (Austria) e Florencia (Italia).

Una vez rematada a selección, vén de facerse pública a lista de persoas admitidas para tomar parte neste proxecto de formación e acordouse abrir un novo prazo para a cobertura de 10 prazas que quedaron vacantes, 6 para Viena e 4 para Florencia. 

O vindeiro luns, día 10 de novembro, abrirase o prazo para cubrir as mencionadas vacantes e establecer unha lista de reserva para cubrir as baixas que, eventualmente, poidan producirse. O prazo de solucitude permanecerá aberto ata o día 13 de decembro.

As vacantes cubriranse por riguroso orde de presentación da solicitude no Rexistro Xeral do Concello, sempre que se cumpran os requisitos xerais de participación que se establecen nas bases da convocatoria, ata chegar a completar as vacantes existentes, constituindo as demais persoas a mencionada lista de reserva.

Lugoquálitas 3 é un proxecto de formación europea para a cualificación da mocidade lucense, que se destina a mozos de entre 18 e 35 anos que conten cunha titulación académica universitaria ou de formación profesional de Grao superior, sen experiencia profesional previa no campo no que foron formados.

O obxectivo xeral do proxecto é fomentar a inserción laboral da mocidade lucense, mediante a organización de estancias internacionales durante 14 semanas, nas que se incluen 3 semanas dun curso de idioma do país de destino e unhas prácticas profesionais de calidade en empresas durante 11 semanas.

Este programa financia o viaxe de ida e volta, o aloxamento, os cursos de linguas, a titorización nas empresas receptoras e unha dotación económica de 450 euros para gastos.

Este proxecto foille concedido ó Concello de Lugo ó abeiro do Programa de Aprendizaxe permanente “Leonardo da Vinci”, a través do Organismo Autónomo de Programas Educativos Europeos (OAPEE).

A lista de admitidos e a convocatoria do prazo para cubrir as prazas vacantes publicanse no Taboleiro de anuncios do Concello e nas webs do Concello, de Espazo Lab e Europe Direct e tamén poden consultarse a través dos servizos de información 010 e de atención ó cidadán e as instancias para a presentación de solicitudes tamén poden descargarse das páxinas web: www.lugo.es/espazolab; www.lugo.es/europedirect  e www.lugo.es .


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova