Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello organiza un obradoiro sobre Pespectiva de xénero nas asociacións


# Luns, 10/11/2014
Terá lugar mañá, no Centro de Convivencia Maruja Mallo

A Concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Ana González Abelleira, organiza, a través da Casa da Muller, un obradoiro que será impartido pola pedagoga municipal, Belén Regueiro Burgo, e que se dirixe ás persoas que integran as xuntas directivas das asociacións que teñen creada a vogalía de igualdade de xénero.

O obradoiro celebrarase baixo o título “Claves para incorporar a perspectiva de xénero nas asociacións” e terá lugar mañá no Centro de Convivencia Maruja Mallo. Esta acción formativa sitúase no marco do III Plan de Igualdade de oportunidades entre mulleres e homes do Concello de Lugo, concretamente na actuación de continuar coas campañas de sensibilización sobre a representación paritaria nas asociacións mixtas: veciñais, educativas, empresariais, etc.

Os seus obxectivos son coñecer as medidas que favorecen a equidade de xénero nos plans de igualdade do Concello de Lugo, especialmente no ámbito das asociacións e adquirir coñecementos relativos á incorporación da perspectiva de xénero no traballo das asociacións.

O horario no que terá lugar esta actividade será de 17.00 a 19.00 horas.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova