Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concelleiro de Deportes presentou a XV edición do Circuito Larsa Corre con Nós que se consolida como unha das principais citas deportivas no calendario galego


# Luns, 10/11/2014
As matrículas poderán facerse dende hoxe luns 10 de novembro a través da web www.championchipnorte.com e creación de equipos farase a través de invitacións nunha aplicación similar as redes sociais

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentou hoxe a XV edición do Circuito Larsa Corre con Nós, que inaugurará a temporada atlética lucense. No acto de presentación, o Concelleiro de Deportes estivo acompañado por diversos representantes das empresas patrocinadoras do evento, como Carlos Carballo de Divina Pastora Seguros, José Manuel López, representante de Caixa Rural Galega, Luis Lamas, Presidente de SOGAMA, Cristina Pérez, do Centro Comercial As Termas, e Manolo Castiñeira, do Clube Media Maratón.

Díaz Grandío salientou que “con este circuito o que se pretende é establecer hábitos saudables  entre a  nosa poboación, mantelos entre os que o teñen e facilitar que as persoas que non teñen como norma básica facer deporte se vaian involucrando a través destas actividades.”

Según anunciou o Concelleiro de Deportes, haberá un total de 9 probas, que se disputarán ao longo do ano, intentanto superar as 10.000 participacións que tivo ao longo do ano pasado. Unha das novidades deste ano é a nova modalidade para realizar os equipos do Corre Con Nós xa que se fará dende unha plataforma de inscrición en paralelo á mesma mediante un sistema de invitacións, similar aos das redes sociais. Os equipos estarán formados por capitáns que deberán enviar invitacións a todos aqueles corredores e corredoras que queiran que formen parte do seu equipo.

Desta maneira permite unha mellor xestión dos equipos ao automatizar o 100% dos mesmos e tamén permite unha maior liberdade de comunicación dentro da familia do Corre Con Nós.

Este ano tamén terá lugar a XII edición da carreira Lugo Monumental e mantéñense os mesmos circuitos que na edición anterior. A primeira carreira será o domingo 30 de novembro nas Pistas de Atletismo Gregorio Pérez Rivera. O circuito distribuirase en sete carreiras puntuables para adultos e oito para os máis cativos.

As citas serán as seguintes:

Domingo 30 de Novembro - Pistas de atletismo Gregorio Perez Rivera
Domingo 21 de Decembro – XII edición da Lugo Monumental
Sábado 17 de Xaneiro de 2015 - Nocturna Monumental (Praza Maior)
Domingo 1 de Febreiro - Barrio de San Fiz
Domingo 8 de Marzo - Centro comercial As Termas Circuíto
Domingo 12 de Abril - Saamasas-Paseo de Ombreiro
Sábado 16 de Maio - Parque Recinto Feiral
Sábado 6 de Xuño- (Final Menores) - Pistas Atletismo Ciudad Cultural
Domingo 7 de Xuño - (Final Adultos) - Complexo deportivo Frigsa

As categorías menores que discorren entre os nados entre 2000 e 2010, competirán nas categorías Mini, A, B, e C, con distancias comprendidas entre os 500 metros e os 3 kilómetros. Para as categorías adultas, cuxas idades están entre os nados en 1999 e anteriores, as distancias variarán entre os 4,5 kilómetros e os 6,5 kilómetros, dependendo do circuito.

As inscripcións comezan hoxe luns día 10 de novembro a través de Internet na web www.championchipnorte.com tanto para adultos como para os rapaces.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova