Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O actor e escritor galego Suso Lista será o protagonista da próxima Cata Literaria do MIHL o próximo 13 de novembro


# Luns, 10/11/2014
 Sairá un bus urbano gratuito para os que se queiran achegar con saida da Casa Sindical ás 20 horas e volta ás 22:30 horas

Imaxe Asociada
  Carmen Basadre tamén anunciou que no mes de decembro haberá Bocata Literario a cargo de Antonio Reigosa e Noemí López e a Cata Literaria co escritor Dario Xohan Cabana

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre,  anunciou ao escritor protagonista da setima Cata Literaria, Suso Lista Neira, que estará este xoves 13 de novembro a partir das 20 horas con todas as persoas que se acheguen polo MIHL.

Carmen Basadre explicou que o escritor Suso Lista Neira vai presentar o seu primeiro libro Salseiros,  publicado no mes de maio deste ano e que se converteu nun gran éxito de público e no que recolle máis de medio cento de relatos do blog deste percebeiro, actor, guionista e axitador cultural. Ademais é coñecido pola realización de diferentes traballos para a televisión como en Mareas Vivas ou en Celda 211, como blogueiro no Suso Lista Espacio Emocional e Literario dun Percebeiro do Roncudo, e como director de programas culturais en Radio Roncudo.

Nestas catas, ademais de literatura, tamén hai comida elaborada polos alumnos do Ciclo Superior de Cociña e Restauración do IES Sanxillao, que farán un menú especial ademais de viño da Ribeira Sacra a cargo de Bodegas Regina Viarum. Tamén, durante o evento, haberá música a cargo do dúo Chigliak.

Ademais para as persoas que queiran asistir disporán dun bus urbano gratuito para os que se queiran achegar con saída da Casa Sindical ás 20 horas e volta ás 22:30 horas.

Para poder asistir haberá que adquirir unha entrada cun prezo de 5 euros que está a venda na Biblioteca Municipal da Milagrosa (luns a venres, de 10:30 a 14 e de 16:30 a 20:00), no Centro de Interpretación da Muralla, (luns a sábado, de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00), no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL), (martes a sábado, de 11:00 a 13:30 e de 17:00 a 19:30), nas propias librerias participantes e na web entradas.lugo.es .

Catas e Bocatas en Decembro

A responsable da área de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, tamén adiantou os protagonistas da Cata e do Bocata literario do mes de decembro. Desta maneira, o xoves 11 de decembro,  ás 18 horas terá lugar o Bocata Literario co escritor Antonio Reigosa e a ilustradora, Noemí López, que farán as delicias dos nenos e nenas que se acheguen e que ademais disfrutarán dunha suculenta merenda. O rpezo é de dous euros.

As 20 horas e orientado a un público adulto celebrarase á Cata Literaria que terá como protagonista ao escritor galego e  Dario Xohan Cabana, que comezou a súa actividade literaria pública polo 1968, e a súa bibliografía conta con máis de cincuenta títulos individuais. Poeta e narrador, recibiu algúns dos máis importantes premios literarios de Galicia, e a súa novela Galván en Saor é un dos libros galegos máis vendidos de todos os tempos. 

Pero na próxima Cata Literaria, ademais da súa faceta como escritor vai a presentar a obra na que está a traballar e que se centra na tradución D’A Divina Comedia co texto orixinal á fronte e acompañada de amplas notas explicativas desta obra senlleira da literatura mundial.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova