Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Está aberto o prazo para participar no XVII Certame de relatos curtos Anxel Fole que terá un único premio de 4.000 euros


# Martes, 11/11/2014
O prazo está aberto ata o 31 de decembro e ademais do premio en metálico a obra gañadora será publicada pola Edicións Xerais de Galicia

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, informa que xa está aberto o prazo para participar na XVII edición co Certame de relatos curtos Ánxel Fole e que remata o próximo 31 de decembro.

Esta edición mantén un único premio de 4.000 euros e a obra gañadora será publicada pola editorial comercial Edicións Xerais de Galicia. Este cambio que se fixo na edición anterior permite que o gañador ou gañadora poida profesionalizarse e formar parte do universo literario ao ter a opción de publicación e venda en todas as librerías de Galicia.

As obras presentadas poderán consistir tanto nunha novela curta como nun conxunto de relatos, en calquera caso cunha extensión total mínima de 50 folios estándar e máxima de 100, equivalentes respectivamente a 90.000 e 180.000 carácteres con espazos e deberán presentarse tres copias mecanografiadas no departamento de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua do Concello de Lugo. A obra premiada será publicada por Edicións Xerais de Galicia, S. A. Esta editorial asinará co autor ou autora un contrato de edición nas condicións habituais, sempre de acordo coa lexislación vixente sobre a propiedade intelectual, e tendo en conta a exención

O xurado deliberante estará formado por tres persoas competentes na materia, designadas pola Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, unha delas a proposta de Edicións Xerais de Galicia. Con voz e sen voto, formarán tamén parte do xurado a Concelleira de Cultura e un funcionario que ela designe e que actuará como secretario que se reunirá antes do 31 de marzo do 2015.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova