Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo visita as instalacións renovadas do Mercado Quiroga Ballesteros e as da primeira fase da Praza de Abastos


# Martes, 11/11/2014
O Concello de Lugo vai a invertir máis de 1 millóns de euros na mellora da Praza de Abastos e do Mercado e na comunicación das rúas Calella do Hospital e Carril do Son

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde, José López Orozco, acompañado pola Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Rosana Rielo, visitaron a finalización das obras de mellora e rehabilitación do Mercado de Quiroga Ballesteros e da primeira fase das obras da Praza de Abastos.

López Orozco destacou que “con esta inversión temos un Mercado remodelado e ao que queremos darlle o uso que ten de mercado no Centro Histórico pero tamén consideramos moi importante que se transforme nun espazo público ao que veñan os veciños e veciñas ás diferentes actividades ou a algún dos locais de restauración”.

As obras do Mercado de Quiroga Ballesteros tiveron un orzamento de 341.106 euros e no que se instalou novo mobiliario apto para darlle diferentes usos, e rehabilitáronse elementos estruturais como a cuberta, os sistemas eléctricos e contraincendios, de vixilancia e megafonía ademais da renovación dos aseos e a supresión de barreiras arquitectónicas.

Tamen visitaron o remate das obras da primeira fase da Praza de Abastos que contaron cun orzamento de 276.319 euros e que afectaron principalmente ao aspecto exterior como foi o cambio de cuberta do edificio, unha nova imaxe das fachadas e cunha nova entrada accesible para a planta semisoto.

Neste sentido, López Orozco, avanzou que nas próximas semanas se vai a licitar a contratación da segunda fase das obras da Praza de Abastos que van a supoñer a modernización da mesma e que afectarán principalmente ao interior do recinto.

Estas dúas obras forman parte dun gran proxecto integral do Concello, que se realizará ó abeiro do Plan Urban e que contempla tanto a mellora e modernización do Mercado como a da Praza de Abastos e do seu contorno no que está previsto invertir en torno a 1 millón de euros. Estes proxectos contan co financiamento mediante fondos do Plan Urban, ao que fan achegas a Unión Europea a través do FEDER, que cofinancia o 80%, así como o Concello de Lugo e a Deputación provincial.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova