Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Alcalde de Lugo participa na entrega de dous novos talóns conseguidos mediante a recollida de tapóns


# Martes, 11/11/2014
Grazas á colaboración dos lucenses recolléronse 13 toneladas de tapóns de plástico

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñóz, participaron esta mañá na entrega de dous cheques por valor de 2.600 euros e 135 euros ás ANPAS do CEIP As Mercedes e CEIP Anexa-Lugo respectivamente.

López Orozco agradeceu o traballo que realizan dende o Banco de Tapóns de Lugo e dende as diferentes entidades que o apoian xa que “con elo axúdanse a persoas que grazas a esta aportación poden mellorar a súa calidade de vida”. Tamén as animou a seguir traballando en prol da sociedade xa que “son un exemplo da calidade humana que temos neste Concello e nesta Provincia”.

Nesta ocasión, foron dúas entidades educativas as beneficiarias dos talóns, a ANPA do CEIP As Mercedes, aos que se lles fixo entrega dun cheque por valor de 2.600 euros para axuda para o comedor escolar, e a ANPA do CEIP Anexa por importe de 135 euros para material escolar de nenos e nenas con dificultades económicas.

A recollida destes tapóns, dentro da iniciativa Os tapóns dan vida e coidan do medio ambiente, permite recadar fondos para financiar diferentes iniciativas solidarias e que xa levan recolectados 13 toneladas de plástico.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova