O Concello de Lugo, dentro da área de Servizos Xerais e Participación Cidadá, concedeu subvencións nominativas por importe de 57.000 euros para dúas entidades locais, a Sociedade Protectora de Animais e Plantas e as Cofradías de Semana Santa.
Así, no caso da Sociedade Protectora de Animais aprobouse unha axuda de 51.000 euros dentro do convenio que manteñen co Concello de Lugo e do que se finanza parcialmente o proxecto de acollida de coidado de animais e campañas de identificación de cans mediante microchip e para o fomento de hábitos sociais de respeto aos animais.
En canto ás Cofradías de Semana Santa o cantidade da subvención é de 6.000 euros orientado á realización de actividades durante a Semana Santa e a promoción das mesmas.