Imprimir

O CONCELLO APROBA MELLORAS NA ACCESIBILIDADE DAS PRAZAS MAIOR, PÍO XII E DA SOIDADE


12/11/2014  O proxecto supón un investimento de 154.000 euros e incluirase no plan de rehabilitación do Casco histórico

  O Concello faralle fronte á suba unilateral na tarifa de Sogama para evitar a perda de fondos de cooperación e estudará polo miudo as facturas que presentou Urbaser polos meses da folga do lixo 
 
O Voceiro do Goberno local e Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, aprobou hoxe un proxecto para mellorar a accesibilidade de tres prazas do Casco histórico, unhas obras que suporán un investimento de 153.569 euros.

Luis Álvarez explicou que este proxecto para realizar obras de accesibilidade e mellora de servizos a tres lugares emblemáticos da cidade: a praza Maior, a de Pío XII e a da Soidade, nas que o Goberno local quere facer máis cómodo o tránsito ás persoas que teñen problemas de mobilidade.

Álvarez explicou que ó obxecto deste proxecto e resolver as dificultades de mobilidade que lles prantexa ás persoas que se desprazan en cadeira de rodas o empedrado do pavimento existe nas tres prazas. Para elo trátase de substituir parte do empedrado por baldosas de granito coas que se crearán itinerarios que lles permitan desprazarse cómodamente ás persoas con problemas de mobilidade. Ademais, na zona da praza Maior aproveitarase para resolver un problema de saneamento existente na zona do fondo da praza e a confluencia coa de Santa María. 

Para levar a cabo estas obras, que se levarán a cabo dentro da 13ª fase do acordo de rehabilitación integral do Recinto Histórico de Lugo, o Concello solicitará da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas a cualificación protexible. 

A aportación económica do Concello será de aproximadamente 76.000 euros.

O Concello de Lugo, vítima das políticas do PP

O Voceiro do Goberno local tamén anunciou que o Concello vai pagar as facturas que presentou Sogama por importe de 1.431.498 euros correspondentes ós meses de marzo, abril, maio, xuño, xullo e setembro. A factura do mes de agosto, seguramente por un erro, aínda non foi presentada.

Luis Álvarez lembrou que o Concello de Lugo está en contra da suba desproporcionada e inxusta nas tarifas que deben aboarlle os concellos a Sogama pero explicou que legalmente non hai outra posiblidade que pagar.

O Voceiro do Goberno local explicou que as novas tarifas foron incluídas na Lei de Presupostos da Comunidade Autónoma o que impide a posibilidade de presentar recurso contencioso-administrativo e só deixa a alternativa de acudir ó Tribunal Constitucional e, ademais, os concellos que non paguen están ameazados, nesa mesma disposición, con reterlles os Fondos de Cooperación Local que transfire a Xunta ós municipios. 

“Estamos pagando polas políticas do Partido Popular”, resumiu Luis Álvarez e explicou que “o Concello de Lugo é vítima das políticas económicas da Xunta de Galicia e tamén de quenes gobernaron aquí antes de 1999”. Referiuse así ó feito de que “temos que pagar estas facturas desproporcionadas de Sogama e temos que facer fronte a débeda coa Seguridade Social acumulada pola empresa Frimiño debido á falta de control sobre unha concesión municipal”

A suba do canon de Sogama calculase que lle supón anualmente ó Concello de Lugo un aumento de gasto de 700.000 euros, ós que hai que engadir aproximadamente 1.000.000 de euros correspondentes á débeda de Frimiño coa Seguridade Social, á que teñen que facerlle fronte ás arcas municipais.  

“Dise moi pronto pero son 1.700.000 euros”, subliñou Luis Álvarez para destacar que “lle pese a quen lle pese, o Concello de Lugo ten capacidade e solvencia económica que lle permiten facer a estes pagos cos que temos que correr os luceses pola nefasta xestión dos que agora presumen de ser bos xestores”.

Comprobación de facturas de Urbaser

O Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente tamén informou, en resposta a preguntas dos xornalistas, de que a empresa Urbaser presentou, nos últimos días, as facturas correspondentes ós meses de xuño, xullo e agosto, que se corresponden coas datas nas que se produciu a folga de limpeza e recollida do lixo.