Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo conmemora o día contra a violencia de xénero centrando especial atención na educación aos máis pequenos


# Xoves, 13/11/2014
As actividades comezan esta fin de semana co O poboado da Igualdade dirixido a nenos e nenas e que se realizará na Praza Maior

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, presentou esta mañá as actividades que se van a desenvolver durante todo o mes con motivo da conmemoración do Día Internacional en contra da Violéncia de Xénero.

A responsable da área de Igualdade manifestou que as administracións non deben deixar de lado os programas de igualdade e inserción  porque poden causar graves consecuencias entre as mulleres que poden ser vítimas de violencia ademais este ano está dirixido á educación en igualdade dende a infancia.

Así as actividades comezarán esta mesma fin de semana coa actividade O Poblado da Igualdade os días 14, 15 e 15 de novembro na Praza  Maior. Esta actividades está orientado a un público infantil no que se traballará a igualdade dende a infancia e os roles masculinos e femininos na vida diaria. As actividades comezan mañá venres de 17 a 20 horas na Praza Maior, seguiran o sábado e domingo de 11 a 20.30 horas os dous días con diferentes xogos de convivencia, teatro e contos para nenos e nenas a unha feira de artesanía para os máis maiores.

A responsable da área de Benestar Social e Igualdade tamén anunciou que en memoria de todas as persoas que traballaron para defender a liberdade e o dereito ao aborto vaise a proxectar o documenal Eu decido.O tren da liberdade nos centros de convivencia de María Balteira, Fingoi, Uxío Novoneyra, Milagrosa, Maruja Mallo, Lamas de Prado e no MIHL durante a semana do 14 ao 22 de novembro.O domingo 23 de novembro haberá na Praza do Campo unha sesión vermú dende as 13 horas coa actuación do grupo Pinchacarneiro.

O martes 25 de novembro comezarán as actividades ás 12.00 coa entrega dos premios do concurso de fotografía Revelando o machismo e o de deseño gráfico Contra a violencia de xénero. A continuación, ás 12.30 horas, celebrarase a tradicional ofrenda floral como homenaxe ás mulleres vítimas de violencia ademais da lectura do manifesto diante da árbore da vida na Praza de Santo Domingo.

A partires das 13.30 horas na Ronda da Muralla, diante da Capela de Santa María, e en colaboración coa Deputación de Lugo, farase a inauguración da escultura O voo das bolboretas, en contra da violencia de xénero realizada polo escultor Quijada e a idea de Luz Darriba.

Ese mesmo día, pero ás 20 horas terá lugar a representación da obra de teatro A muller soa de Franca Rame e Darío Fo, e que será interpretada por Ana Plaza. O acto terá lugar no Salón de Actos do Centro de Convivencia de Fingoi.

As actividades de conmemoración rematarán os días 27, 28 e 29 de novembro ás 20 horas cunhas veladas teatrais contra a violencia de xénero a cargo do grupo Microefectos Dramatúrxicos na rúa Menorca, na Praza de Campo Castelo, e na Praza do Campo respectivamente.

Ademais, a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, explicou que durante a última semana deste mes nas ociotecas da cidade levaranse a cabo actividades para os máis pequenos co programa Aprende Xogando.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova