Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo celebra o interese da Xunta pola cidade de Lugo e agarda que dure máis que un só día


# Xoves, 13/11/2014
Mañá asinará o convenio para a instalación do ascensor na Muralla e ademais a cidade recibe a visita da Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestrurutas

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, anunciou que mañá venres acudirá á Xunta de Galicia a asinar o convenio para a construción do ascensor na Muralla de Lugo e sinalou que “é un feito que levamos moito tempo loitando por él e por fin van dar o paso final para poder dispoñer del nos próximos meses, xa que só queda a licitación e a contrución do mesmo”.

Ademais na reunión tamén se falará da situación do cuartel de San Fernando e do que o Alcalde de Lugo xa lle entregara no mes de agosto o proxecto das obras de consolidación do antigo cuartel elaborado por Evislusa e do que resultaba un importe final de 180.000 euros

“Vese que por parte do goberno da Xunta de Galicia empézalles a importar Lugo porque mañá ademais da miña reunión na Consellería de Cultura tamén nos avisaron que a Concelleira de Medio Ambiente visitará as obras do auditorio” segundo explicou López Orozco.

Desta maneira, manifestou que lle parecen moi ben as dúas visitas pero “agardo que a Conselleira meta máis presa para que o auditorio estea rematado no ano 2015 xa que é unha necesidade moi sentida na nosa cidade”.

López Orozco tamén dixo que “agardo que este interese por Lugo sexa un interese durante todos os meses e que se vexa compensado en obras importantes para a nosa cidade como é o remate do Plan Paradai, como é preocuparse pola zona do antigo hospital, e que dunha vez por todas que o novo hospital teña todos os servizos que se solicitaron e tal como aprobou o Parlamento galego por unanimidade”.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova