Cargando....
Concello de Lugo
20/10/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo presidiu o acto de celebración do III Concerto da Lembranza


# Xoves, 13/11/2014
Ademais tamén se entregaron os premios ao gañadores do II Concurso de Fotografía sobre o Cemiterio Municipal e o primeiro concurso de Epitafios

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Concello de Lugo celebrou na Capela do Cemiterio de San Froilán co terceiro Concerto da Lembranza que tivo unha gran acollida e que contou cunha importante afluencia de público. Este acto, que formaba parte do programa para a celebración da festividade de Santos, intégrase nunha serie de  actuacións, que teñen por obxecto a integración do cemiterio na vida social e cultural da cidade e o de darlle á morte o seu sentido natural, como unha etapa máis do ciclo vital tal e como se viviu sempre na sociedade galega, fuxindo do concepto tabú e desintegrador que foi enraizando nos últimos tempos.

O seu carácter participativo tivo unha resposta favorable na cidadanía con intervencións nas que varias persoas colaboraron  directamente coas súas dedicatorias de lembranza e de honra manifestadas a través de cantos, poemas ou lectura de textos, contribuíndo a darlle ao concerto  un carácter íntimo e cálido. Durante o acto actou a coral Lugh.

Ademais no acto entregáronse os premios aos epitafios gañadores do I Concurso de Epitafios e que foron:

Primeiro premio:
Epitafio: “Non aforres tanto, aquí todo é gratis”.
Autor:Juncal Martínez

Segundo premio:
Epitafio: “Estiven namorado da vida e xa na hora da partida coa morte cruel obrigáronme a tomar casamento. Agora infelizmente casado con ela repouso nesta morada sen alento”.
Autor: Manuel Rubiños

Accesit:
Epitafio: “Queridos vermes: morrín de enfermidade infecto-contaxiosa”.
Autor: Xosé Antón Núñez Álvarez

Tamén se entregaron os premios do II Concurso de Fotografía sobre o Cemiterio Municipal Estampas de paz e acougo que recaeron en:

Primeiro premio:
Título: “A PRIMEIRA MIRADA”
Autor: Jesús Burgo Tomás

Segundo premio:
Título: “O QUE ELES VEN”
Autor: Senén Olano Alvarez

Terceiro premio:
Título: “DEVOCIÓN”
Autor: Luis Burgo Tomás


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova