Cargando....
Concello de Lugo
20/10/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello asumirá a instalación do alumeado de Nadal nas rúas de Lugo


# Xoves, 13/11/2014


O Concello asumirá este ano a instalación do alumeado de Nadal nas rúas de Lugo.

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, que dirixe Carmen Basadre, comunica que será o propio Concello quen se faga cargo este ano da instalación do alumeado de Nadal para evitar que se repitan no futuro situacións que ninguén desexa como a sucedida coa iluminación das últimas festas de Nadal.

O Concello de Lugo non pode facerse cargo, como era a súa intención, do pago do alumeado do pasado ano, ó que contribuían as arcas municipais a través da concesión dunha subvención nominativa para este fin á Federación de Comercio.

A imposibilidade de realizar o pago desa subvención está motivada na tardanza de varios meses por parte desta entidade en aportar a documentación xustificativa que lle fóra requerida en tempo en forma polos servizos económicos municipais para poder facerlle fronte ó abono da devandita subvención.

O Goberno local lamenta que se teña producido esta situación pero garante que o alumeado das rúas de Lugo durante o Nadal non corre perigo e tamén quere deixar claro que ningún responsable político nin técnico dunha administración pode obviar os requisitos legais establecidos para salvagardar o bó uso dos cartos públicos.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova