Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo consegue o compromiso da Xunta de Galicia para financiar nun 50% as obras de rehabilitación do antigo Cuartel de San Fernando


# Venres, 14/11/2014
López Orozco e Carmen Basadre asinaron o convenio para a posta en marcha  dunha ansiada aspiración como é o ascensor da Muralla

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, mantiveron unha reunión co Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez, no que asinaron o convenio para a creación dun ascensor na Muralla de Lugo.

Neste convenio regúlanse as bases para a posta a disposición dos terreos necesarios para a execución das obras de instalación dun ascensor na Muralla. Así, a Consellería de Cultura, comprométese a contratar as actuacións indicadas por un orzamento estimado de 127.292 euros ive incluido. O Concello de Lugo unha vez rematadas as obras asumirá o mantemento, xesrtión e conservación do inmoble instalado.

López Orozco sinalou que “por fin se vai a realizar o tan desexado ascensor para que as persoas maiores ou as persoas con discapacidade poidan ascender sen ningún inconvinte e pasear tranquilamente pola Muralla”. Ademais quixo lembrar aos membros da asociación Auxilia e felicitalos por ser un dos principais reivindicadores de dito ascensor.

Cuartel de San Fernando
O Alcalde tamén informou que na reunión se chegou ao acordo de asinar un convenio entre ambas entidades para levar a cabo os traballos de consolidación do cuartel de San Fernando, unhas obras valoradas en 180.000 euros e que se financiarán ao 50% por parte de ambas entidades. Estas obras de conservación non será necesarias refacelas o día que se constrúa o Museo da Romanización.

“Unha vez máis teño que desmentir ao señor Castiñeira que afirmou publicamente que na Consellería non tiñan o proxecto elaborado polo Concello xa que este acordo para asinar o convenio é a mellor demostración de que o tiñan e o estudaron” segundo manifestoi López Orozco.

Ademais, o Alcalde,  dixo agardar que o señor Conselleiro cumpla o que hoxe afirmou publicamente como é que a Xunta de Galicia ”ten o firme proposito de levar a cabo a creación do Museo da Romanización cando a situación económica mellore xa que agora mesmo non teñen orzamento”
Escoitar audio:
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova