Cargando....
Ayuntamiento de Lugo
28/03/24
NOTICIAS
Escucha esta página

Os máis pequenos protagonizan as primeiras actividades do programa organizado polo Concello para conmemorar o día contra a violencia de xénero


# Viernes, 14/11/2014
Desde esta tarde as nenas e os nenos poden participar nas actividades do Poboado da Igualdade que está instalado na Praza Maior

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, e o de Servizos Xerais, Manuel Núñez, asistiron esta tarde á apertura do Poboado da Igualdade, a primeira das actividades organizadas polo Concello durante este mes con motivo da conmemoración do Día Internacional en contra da Violéncia de Xénero, que se celebra o 25 de novembro.

O Poboado da Igualdade, que se dirixe fundamentalmente á poboación infantil, estará aberto durante toda a fin de semana na Praza Maior. Esta actividade ten por obxecto traballar co público infantil en temas de igualdade e sobre os roles masculinos e femininos na vida diaria. As actividades comezaron esta tarde e seguirán o sábado e domingo con horario de 11 a 20.30 horas e están previstos diferentes xogos de convivencia, teatro e contos para nenos e nenas, ademais dunha feira de artesanía para os máis maiores.

Outras actividades


O programa de actividades tamén inclúe, en memoria de todas as persoas que traballaron para defender a liberdade e o dereito ao aborto, a proxección do documenal Eu decido.O tren da liberdade nos centros de convivencia de María Balteira, Fingoi, Uxío Novoneyra, Milagrosa, Maruja Mallo, Lamas de Prado e no MIHL durante a semana do 14 ao 22 de novembro.O domingo 23 de novembro haberá na Praza do Campo unha sesión vermú dende as 13 horas coa actuación do grupo Pinchacarneiro.

O martes 25 de novembro comezarán as actividades ás 12.00 coa entrega dos premios do concurso de fotografía Revelando o machismo e o de deseño gráfico Contra a violencia de xénero. A continuación, ás 12.30 horas, celebrarase a tradicional ofrenda floral como homenaxe ás mulleres vítimas de violencia ademais da lectura do manifesto diante da árbore da vida na Praza de Santo Domingo.

A partires das 13.30 horas na Ronda da Muralla, diante da Capela de Santa María, e en colaboración coa Deputación de Lugo, farase a inauguración da escultura O voo das bolboretas, en contra da violencia de xénero realizada polo escultor Quijada e a idea de Luz Darriba. Ese mesmo día, pero ás 20 horas terá lugar a representación da obra de teatro A muller soa de Franca Rame e Darío Fo, e que será interpretada por Ana Plaza. O acto terá lugar no Salón de Actos do Centro de Convivencia de Fingoi.

As actividades de conmemoración rematarán os días 27, 28 e 29 de novembro ás 20 horas cunhas veladas teatrais contra a violencia de xénero a cargo do grupo Microefectos Dramatúrxicos na rúa Menorca, na Praza de Campo Castelo, e na Praza do Campo respectivamente.

Ademais, durante a última semana deste mes nas ociotecas da cidade levaranse a cabo actividades para os máis pequenos co programa Aprende Xogando.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre ventana nueva Instituto de Crédito Oficial,Abre ventana nueva