Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello colabora na Campaña Xadrez no Nadal que ten por obxecto fomentar a práctica deste deporte


# Luns, 17/11/2014
As actividades desenvolveranse a partir do 6 de decembro e inclúen dous torneos, dous campamentos e un campus

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
Os Concelleiros de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñoz, e de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, acompañados polo representante da Asociación Cultural Xaquedrum, Pablo Castro, e o Presidente de SOGAMA, Luis Lamas, presentaron hoxe a Campaña Xadrez no Nadal.

Esther Muñoz explicou que esta Campaña é continuidade das actividades de fomento do Xadrez ás que lle dá pulo o Concello e nas que participan 2.000 alumnos. Tamén subliñou a Concelleira de Educación que os obxectivos da Campaña Xadrez no Nadal son o fomento deste xogo e a posibilidade de perfeccionalo para quen xa o practica, o fomento de actividades lúdicas e educativas na cidades e, tamén, a conciliación da vida familiar e laboral.

Díaz Grandío detallou que a Campaña consta de catro actividades consistentes nun Campamento e un Campus e dous torneos, un de promoción e outro provincial.

Campamento de Xadrez

Os días 22, 23, 26, 29 e 30 de decembro terán lugar dous campamentos deportivos de Xadrez, de 9.00 a 14.00 horas, no Parque Infantil de Tráfico López Mella. Un deles, Xadrez divertido, está dirixido a nenos de 4 a 8 anos e outro, Xadrez máxico, a pequenos de 8 a 12 anos. Haberá límite de prazas e cubriranse por orde de inscripción. O custe desta actividade é de 50 euros, aínda que haberá becas.

I Campus de Xadrez Lugo

O seu obxectivo é facilitar o perfeccionamento dos xogadores da Escola Deportiva. Os participantes poderán profundar os seus coñecementos do uso de ferramentas informáticas aplicadas ó xadrez e os seus coñecementos nas aperturas e na táctica do xogo. Desenvolverase os días 22, 23, 26, 29 e 30 de decembro, en horario de 9.00 a 14.00 horas na Casa das Asociacións. O número de prazas é de 15 e o custe da actividade é de 50 euros, aínda que haberá becas.

I Torneo de Promoción

Con esta actividade preténdese fomentar o xadrez entre a poboación en xeral. Está dirixido a xogadores con experiencia en torneos a ritmo lento. As partidas xogaranse a 90 minutos máis 30 segundos por xogada. Levarase a cabo os días 6,7 e 8 de decembro, na Casa das Asociaciósn.

Torneo Provinciais

O domingo, día 21 de decembro, disputaranse os torneos provinciais, a partir das 10.00 horas na Casa das Asociacións. As categorías serán de sub 16, sub 14, sub 12, sub 10 e sub 8.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova