Imprimir

O MIHL CONTA CUN NOVO AUDIOVISUAL DE LVCVS A LUGO. DOUS MIL ANOS DE HISTORIA QUE RECOLLE A HISTORIA DA CIDADE DENDE A SÚA CREACIÓN


17/11/2014 Este traballo é un dos resultados do programa europeo Muralla Dixital do que forma parte o Concello de Lugo

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentaron esta mañá un novo audiovisual que baixo o nome de DE LVCVS A LUGO. Dous mil anos de historia fai un percorrido didáctico pola historia da cidade dende a súa fundación.

Este novo audiovisual, instalado na sala de grupos do MIHL, vai permitir ao visitante do museo sumerxirse dunha forma virtual na evolución urbanística da cidade de Lugo a través de toda unha serie de recreacións dos diferentes espazos urbáns da cidade con especial referencia á Muralla. Asi dunha forma amena e divulgativa o espectador pode entender como foi a evolución da cidade de Lugo dende a súa fundación en época romana ata a actualidade pasando por diferentes etapas históricas.

López Orozco explicou que “este proxecto transfronteirizo vai a permitir que o MIHL teña novos materiais realizados coas últimas tecnoloxías e que permiten ao visitante coñecer a historia de Lugo dende diferentes perspectivas” e agradeceu o traballo realizado pola área de Arqueoloxía do Concello e aos colaboradores que permitiron levalo a cabo.

O vídeo que ten unha duracion aproximada de 18 minutos está realizado en formato 4K e nel desenvólvense diferentes e novidosas técnicas de realización audiovisual, dende a animación 3D, o debuxo en 2D, ou técncias como o timlapses, hiperlapses e paralax a partir de imaxes antigas e imaxes actuais aéreas grabadas cun drone. Esta infraestrutura de video inmersivo naceu do traballo conxunto dos socios do proxecto Muralla Dixital formado polo propio Concello de Lugo, a Universidade de Santiago de Compsotela e o INEO.

Esta acción se enmarca dentro do proxecto europeo Muralla Dixital, proyecto cofinanciado nun 75% polo Fondo Europeo de Desarrollo Rexional (FEDER) a través del Programa de Cooperación Transfronteriza España – Portugal 2007-2013 (POCTEP) que ten como obxectivo principal a creación dunha rede de cidades amuralladas de Galicia e Norte de Portugal que apostan pola xestión conxunta para a valorización do seu patrimonio histórico-artístico e arqueolóxico a través das novas tecnoloxías da información e comunicación.