Cargando....
Ayuntamiento de Lugo
20/04/24
NOTICIAS
Escucha esta página

O Concello de Lugo mantén aberta a convocatoria dos certames de fotografía e narrativa xuvenil contra a violencia de xénero


# Martes, 18/11/2014
O venres remata o prazo para presentar orixinais ó V Certame de Narrativa Xuvenil Entre Iguais e o día 28 acabarase o prazo do V Certame de fotografía Revelando o Machismo

A Concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Ana González Abelleira, mantén aberta a convocatoria dunha nova edición dos certames de fotografía e de narrativa xuvenil que convoca cada ano o Concello de Lugo dentro da programación do Día Internacional contra a Violencia de Xénero co fin de promover a necesidade de acabar coa violencia de xénero e o machismo.

Este venres, día 21 de novembro, remata o prazo para a presentación de orixinais ó V Certame de Narrativa Xuvenil Entre Iguais, no que poderán tomar parte rapazas e rapaces con idades comprendidas entre os 12 e os 18 anos. Os traballos deberanse enviar á Casa da Muller e teñen que ser inéditos, escritos en lingua galega e de temática libre pero baseada nalgún aspecto relacionado coa igualdade entre mulleres e homes: o reparto das tarefas do fogar, o coidado das persoas, o acceso ó traballo, etc. A extensión máxima será de cinco folios e deberanse presentar por triplicado. As bases tamén establecen que cada participante poderá presentar un máximo de tres traballos, dos que só un poderá ser premiado. En canto ós premios, establécense dúas categorías: unha de 12 a 14 anos, na que haberá un primeiro premio valorado en 200 euros, un segundo valorado en 100 euros e un terceiro valorado en 60 euros, e outra de 15 a 18 anos, cun primeiro premio valorado en 250 euros, o segundo valorado en 150 euros e o terceiro valorado en 100 euros.

Tamén está aberto, neste caso ata o día 28 de novembro, o prazo para a presentación de orixinais ó V Certame de fotografía Revelando o Machismo. Tamén neste caso, os traballos deben presentarse na Casa da Muller. As bases establecen que neles ten que plasmarse unha imaxe relativa á desigualdade entre homes e mulleres, o sexismo, ou a violencia de xénero entre outros temas. O premio deste certame está dotado con 600 euros.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre ventana nueva Instituto de Crédito Oficial,Abre ventana nueva