Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo crea unha nova área ao aire libre para os nenos e nenas da Escola Infantil Fingoi 2


# Martes, 18/11/2014
O Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente explicou que con esta actuación nun terreo municipal cúbrese unha vella demanda deste centro educativo

Imaxe Asociada
O Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, e a Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñóz, visitaron esta mañá a actuación efectuada polo Concello de Lugo para a adecuación dun terreo municipal na parte de diante da Escola Infantil Fingoi 2.

Desta maneira permítese unha maior amplitude para que os 75 nenos e nenas escolarizados nese centro con idades de entre 3 e 5 anos poidan ter unha maior zona de xogos ao aire libre.

O centro conta con moi pouco espazo ao aire libre e había unha demanda histórica pola que solicitaban contar cun espazo pechado para que os nenos e nenas poidan desfrutar dun espazo máis amplo para a realización de actividades ao aire libre.

Luis Álvarez sinalou que “é unha obra modesta pero é importante porque lle da respostas a unha demanda que tiña sempre este centro infantil e que mellora a situación dos nenos e nenas”. Ademais matizou que o peche desta parcela municipal non supón un cese de terreos á Consellería de Educación e o que facemos é consentir e limitar o uso deste recinto para os máis pequenos.O investimento foi de 4.400 euros.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova