Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello porá á venda as 60.000 accións do CD Lugo que son propiedade municipal


# Mércores, 19/11/2014
A Xunta de Goberno acordou encomendarlle a tramitación do procedemento de venda á Deputación e pon como condición que o prezo de venda non poderá ser inferior ó desembolso feito polo Concello

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Concello faise cargo este ano do alumeado de Nadal que se instalará en 33 rúas

Este Nadal sí haberá iluminación durante as festas en rúas como a Raíña, Santo Domingo, Fontiñas, San Roque ou Montero Ríos, entre outras

A Concelleira de Cultura sae na defensa dos funcionairos municipais que fiscalizan o pago de subvencións e o uso dos cartos públicos
 


O  Goberno local decidiu hoxe poñer á venda as 60.000 accións do Clube Deportivo Lugo que son propiedade do Concello, adquiridas no seu día para axudar ó Clube a convertirse en Sociedade Anónima, e encomendarlle á Deputación provincial a xestión da tramitación da venda que se fará a través dun procedemento de concorrencia competitiva no cal se deberá valorar o prezo ofertado que non poderá ser inferior ó do prezo de compra.

O Voceiro do Goberno local e Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, deu conta deste acordo tomado este mércores pola Xunta de Goberno Local e  lembrou que o Concello comprou, no seu día, estas accións por 600.000 euros coa condición de non concederlle ó Clube durante 3 anos unha subvención polo mesmo importe.
 
A Xunta de Goberno tamén aprobou hoxe as condicións para a cesión do uso privativo do Campo de fútbol José Carballedo Cerceda, situado no Ceao, a unha entidade deportiva que se deberá facer cargo dos labores de mantemento do mesmo, avaliados en 55.000 euros ó ano, polo que ó clube ou sociedade deportiva autorizado non se lle esixirá o pago de canon pero tampouco poderá cobrar polo seu uso a outras entidades, nin facer negocio nas instalacións.

A cesión farase polo prazo de 10 anos coa obriga de que será compatible coa organización de eventos que poida programar o Concello de Lugo. O prazo de presentación será de 30 días hábiles a partir da publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial da Provincia.

Alumeado de Nadal

A Xunta de Goberno tamén tomou o acordo de delegación de competencia na Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Rosana Rielo, para a contratación do alumeado de Nadal.

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, Carmen Basadre, explicou que, tal e como xa se anunciara, este ano será o Concello quen se faga cargo da iluminación de Nadal nas rúas de Lugo de agora en diante.

Basadre explicou que, segundo o informe da Federación de Comercio, o ano pasado o alumeado instalouse en 21 rúas e este ano poñerase en 33 rúas, ademais de instalar rótulos de “Boas Festas” ou “Bo Nadal” en distintos lugares. 

“Consideramos que é importante pensar no conxunto do comercio de Lugo e, por iso, se abriu a máis rúas, algunhas das cales non estiveron alumeadas o ano pasado”, declarou Carmen Basadre.

A Concelleira de Cultura detallou que non se poñerá alumeado, como ocorriu o ano pasado, en galerías privadas como a que comunica a Praza Maior con Campo Castelo, pero sí o haberá en rúas moi céntricas e comerciais que non o tiveron no anterior Nadal como poden ser as rúas da Raíña, Nóreas, do Teatro, Clérigos, Bolaño Ribadeneira, Bispo Basulto, Catedral, Praza de Santo Domingo, Soidade, Montero Ríos, Comandante Manso, Fontiñas ou San Roque.

O alumeado ornamental funcionará durante un mes dende a ponte da Inmaculada ata o 7 de xaneiro.

Carmen Basadre tamén deixou claro, en referencia á falta de xustificación que impediu o pago da subvención concedida á Federación de Comercio para a instalación do alumeado do ano pasado que “non somos os Concelleiros nin o Alcalde quen damos as subvencións” e replicoulle ó Presidente desa entidade que “se lles chama indecentes ós funcionarios deste Concello por fiscalizar o uso que se fai do diñeiro público me parece que se equivoca”.

A Concelleira de Cultura destacou que “nos tempos que estamos, resulta incrible que o responsable dun colectivo tan importante se atreva a cuestionar o control no uso do diñeiro público” e manifestou que “se queren tomar accións legais que fagan o que estimen oportuno e, desde o Concello,  xa lles contestaremos”.

Outros acordos


A Xunta de Goberno tamén aprobou esta mañá a contratación da primeira fase da obra de reparación de danos nas obras de construción do centro social e cultural Vello Cárcere. O prezo máximo do contrato é de 161.964,54 euros, ive incluido, e o prazo de execución será de 3 meses.

Con estas obras vanse reparar os danos na primeira fase deste proxecto, que estivo paralizado polos problemas económicos da UTE formada por Construcciones Galidiano e ZUT, adxudicataria da súa execución, e á que o Concello lle incautou a garantía depositada.

O Goberno local autorizou, tamén, a incautación da garantía definitiva depositada pola empresa que resultara adxudicataria da autorización especial do dominio público para a instalación de máquinas automáticas expendedoras de bebidas frías, quentes e produtos non perecedoiros nos edificios e instalacións municipais. A renuncia do titular desta adxudicación leva a ímplicita a perda da garantía constituída.

Acordouse, asimesmo, a incautación parcial da garantía definitiva por un incumprimento do contrato de seguro de asistencia sanitaria para os emrpegados públicos e outros do Concello de Lugo e que derivou nun dano ao funcionario interesado.

Por outra parte, o Goberno local decidiu hoxe a prórroga por un ano do contrato de alugamento dunha das vivendas da Casa Domótica. Con tal motivo, foi actualizada 
a renda mensual, segundo o IPC nun -0,3%, quedando en 161,45 euros mensuais.

A Xunta de Goberno deulle o visto e prace, ademais, á apertura do procedemento para contratar a explotación da cafetería do CEI-Nodus-Espazo Lab-Parque de Bombeiros, un servizo reclamado tanto polos usuarios como polos traballadores destas instalacións. O canon mínimo será de 800 euros mensuais, ive incluido, e o prazo máximo de duración do contrato estipúlase en dous anos prorrogables.

E tamén se aprobou a prórroga, polo prazo dun ano, da explotación do servizo de cafetería no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra. O canon mensual que deberá pagar o adxudicatario quedou fixado na cantidade de 66,07 euros mensuais.
Escoitar audio:
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova