Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo celebra o Día Mundial da Infancia cun encontro de participación infantil no que participaron seis colexios en colaboración con UNICEF


# Xoves, 20/11/2014
O Alcalde e a Concelleira de Benestar Social e Igualdade contestaron as preguntas e anotaron as propostas feitas polos alumnos e alumnas de 6º Primaria

Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira,o Subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, o Deputado de Cooperación e Asistencia aos concellos, Álvaro Santos, e a Presidenta de UNICEF Lugo, Mar Maseda, conmemoraron o Día Internacional da Infancia que se celebra hoxe cun encontro de participación infantil na que os nenos e nenas de Lugo fixeron propostas a prol da infancia.

López Orozco destacou que “é moi importante seguir mantendo este encontro xa que ademais de que os nenos e nenas aprenden nas escolas mentres preparan os temas tamén toman concienda da solidaridade”.

No acto celebrado esta mañá participaron por cada colexio catro alumnos de 6º de Primaria que conmemoraron con este acto o aniversario da Convención de Dereitos dos nenos aprobado o 20 de novembro de 1989. Os nenos e nenas dos colexios Galén, Cervantes, Franciscanos, Fingoi, Divino Maestro e o Rosalía de Castro presentaron diferentes propostas e preguntas ante representantes do goberno municipal, que son os responsable de que se cumpran os dereitos dos nenos a nivel local.

Previamente á celebración deste encontro, os nenos e nenas participantes estudaron nos seus colexios os distintos dereitos recollidos na Convención de dereitos dos nenos e en relación a estes e ó seu cumprimento na nosa cidade formularon propostas ó Alcalde. No colexio Galén traballaron sobre o dereito dos nenos e nenas a ter unha identidade e a poder desenvolverse a través dos xogos e poder desfrutar da infancia; no colexio Cervantes sobre o dereito de ter unha educación en todos os lugares do mundo e a protección contra o traballo infantil, e no colexio dos Franciscanos sobre o dereito a ter acceso a unha sanidade gratuíta. No caso do colexio Fingoi estiveron traballando o dereito á igualdade en todos os ámbitos e a participación na vida social; os do colexio do Divino Maestro traballaron sobre o dereito dos nenos á participación e formar parte activa da sociedade, e o colexio Rosalía de Castro, que participou por primeira vez, sobre a o dereito á educación.

O Concello de Lugo,  leva moito tempo traballando a  favor dos dereitos da infancia por este motivo ten aprobado un Plan integral municipal de infancia e adolescencia (anos 2011-2015). O Programa de Cidades Amigas da Infancia é unha iniciativa de Unicef España posta en marcha e desenvolvida co apoio financierio de a axuda do Ministerio de Sanidade, Benestar Social e Igualdade e coa colaboración da FEMP e o Instituto Universitario de necesidades e Dereitos da Infancia e a Adolescencia.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova