Cargando....
Concello de Lugo
20/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo inaugura a Xornada Final do proxecto europeo "Muralla Digital" no que participan técnicos galegos e portugueses


# Venres, 21/11/2014


Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Concello de Lugo, a Universidade de Santiago, as Cámaras municipais de Valença, Monçao e Melgaço, o INEO e o Centro de Computaçao Gráfica Azurém traballaron no proxecto para a creación dunha rede de cidades amuralladas

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, inaugurou esta mañá a Xornada Final do Proxecto “Muralla Dixital” e que supón o peche oficial de dito proxecto europeo que se estivo desenvolvemendo en cinco cidades diferentes ao mesmo tempo. No acto tamén participaron a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, a Directora do Secretario Técnico conxunto do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (stc poctep), Elena de Miguel Gago, e a Vicerreitora de Sevizos Universitarios do Campus de Lugo, Carmen Silva Dominguez.

López Orozco agradeceu o esforzo dos técnicos que participaron neste proxecto e que “grazas ao seu traballo podemos disfrutar de novas aplicacións e novo material audiovisual para as redes de museos e para coñecer un pouco máis as nosas cidades”.

A finalidade principal desta xornada é dar a coñecer a cidadanía en xeral o traballo desenvolto durante os tres anos que durou o referido proxecto. Así, nela, os representantes dos socios do proxecto “Muralla Digital” exporán as accións realizadas e os resultados xerados no mesmo e que estaba formado polo Concello de Lugo (beneficiario principal), a Universidade de Santiago de Compostela, o INEO (Asociación Multisectorial de Novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación), o Centro de Computação Gráfica Azurém (Universidade do Minho), a Câmara Municipal de Valença, a Câmara Municipal de Monção e a Câmara Municipal de Melgaço.

Durante a xornada da mañá Rubén Álvarez, coordinador técnico do proxecto “Muralla Digital” explicou aos asistentes en que consistiu dito proxecto nas súa liñas xerais e a aplicación das novas tecnoloxías para a difusión do patrimonio cultural. Tamén os socios tecnolóxicos do Centro de Computação Gráfica Azurem e INEO falaron sobre os produtos audiovisuais e multumedia que se desenvolveron nas diferentes cidades e que son un novo recurso turístico.

A sesión da tarde está dedicada para que os socios das diferentes cidades ofrezan a súa propia perspectiva explicando os traballos realizados a nivel de estudos evolutivos, recopilación documental e produtos finais, ademais de valorar a importancia de formar parte deste proxecto europeo cofinanciado nun 75% pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), no marco da segunda convocatoria do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2007-2013 (POCTEP).

Un dos obxetivos principais deste proxecto europeo é a creación dunha rede de cidades amuralladas de Galicia e Norte de Portugal que aposten pola xestión conxunta para a valorización do seu patrimonio histórico-artístico e arqueolóxico a través das novas tecnoloxías da información e da comunicación.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova