Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo esixiu, unha vez máis, á Xunta de Galicia que dote dos servizos de Radioterapia, Medicina Nuclear e Hemodinamica 24 horas ao HULA


# Venres, 21/11/2014


Imaxe Asociada Imaxe Asociada
Ademais o Voceiro do Goberno Local, Luis Álvarez e a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, acompañaron aos enfermos ata a Coruña onde reciben tratamento

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, reclamou esta mañá a creación dos servizos de Radioterapia, Medicina Nuclear e Hemodinámica 24 horas de maneira urxente á Xunta de Galicia nun acto no HULA no que acompañou a veciños da provincia de Lugo que se ven na obriga de viaxar á Coruña para recibir o tratamento de Radioterapia, posto que a cidade de Lugo carece deste servizo prometido en varias ocasións pola Xunta de Galicia.

López Orozco quixo agradecer “como cidadán e como Alcalde de Lugo o esforzo que se está facendo dende a Federación de Veciños e outros colectivos a favor da saúde dos lucenses tanto do concello como da provincia”.

Ademais tamén lembrou que “cando se inaugurou este gran Hospital o señor Feijoo fixo unha promesa pública que era que neste centro habería as especialidades de Hemodinamica, Medicina Nuclear e Radioterapia, e por agora non cumpriu”. Son moitos os enfermos da provincia de Lugo que teñen que percorrer por término medio para ser tratados ata 5.000 quilómetros ademais de que a provincia de Lugo é a única que non ten o servizo de Radioterapia.

 “A Xunta debe escoite aos cidadáns de Lugo porque non pedimos nada máis que un bo tratamento para a nosa saúde e que o poidamos facer no HULA xa que se construiu grazas ao esforzo dos veciños e veciñas e das administracións” segundo expuxo o Alcalde.

Ás 15:30 horas, saíron dende o Hula cara o Hospital Oncolóxico de Galicia na Coruña, onde os lucenses reciben Radioterapia,. No acompañamento desta “ruta do cancro” tamén estiveron o Voceiro do Goberno Local e Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira xunto co Presidente da Deputación de Lugo, Jose Ramón Gómez Besteiro, membros da Federación de Asociacións Veciñais de Lugo e doutras autoridades, como o Alcalde da Fonsagrada, así como de Deputados provinciais.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova