Cargando....
Concello de Lugo
19/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O próximo domingo 30 de novembro terán lugar os actos de conmemoración do XIV aniversario da Muralla como Patrimonio Mundial


# Luns, 24/11/2014
Durante o Concerto Conmemorativo que terá lugar no Circulo das Artes ás 18 horas estrearase por primeira vez o himno da Muralla o Anel de Pedra

Imaxe Asociada
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou esta mañá as actividades que terán lugar na conmemoración do XIV aniversario da Muralla como Patrimonio Mundial.

Carmen Basadre destacou que o actos central vai ter lugar no Circulo das Artes ás 18.00 horas cun Concerto Conmemorativo que estará dividido en tres partes e no que se escoitará por primeira vez o himno da Muralla titulado Anel de Pedra e que está composto polo músico Abraham Cupeiro.

O concerto comezará con tangos de Carlos Gardel e Astor Piazzola a cargo do grupo Lucus Ensemble dirixido por Alejandro Troya e nunha segunda parte tocarán o Concerto para violonchelo e orquestra de Friedrich Guida. A continuación proxectarase un video conmemorativo que baixo o título de Onte e hoxe da Muralla de Lugo fará un percorrido pola historia do monumento e que foi elaborado dentro do proxecto europeo Muralla Dixital.

A actividade rematarase co Concerto de Abraham Cupeiro e Ensemble dos Sons Esquecidos. A entrada será gratuíta ata completar o aforo do Círculo das Artes.

Dentro destes actos conmemorativos tamén van a ter lugar dúas actividades que teñen como nexo de unión a Muralla. Así, o venres 28 de novembro inaugurase a exposición  de fotografía de La Voz de Galicia Un año de Voz 2014  no que aparecen varias imaxes da Muralla de Lugo e que se poderá ver na rúa da Raíña.

Tamén o domingo 30 a Cruz Vermella e El Progreso organizan o Aniversario solidario 150 anos da Cruz Vermella nos accesos e sobre o adarve da Muralla durante o que se repartirán paraugas vermellos e os donativos recadados irán destinados á propia entidade para os máis necesitados.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova