Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua participa na entrega de premios aos gañadores do XX Maratón Fotográfico do Campus


# Mércores, 26/11/2014
 Nesta nova edición as imaxes galardonadas foron as de Yana Nagaytseva, José Marcelino Saavedra e Rafael Corral 



Imaxe Asociada
 A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, participou esta mañá na entrega de premios aos gañadores do XX Maratón Fotográfico do Campus de Lugo que se organizada dentro do programa Lugo Cultural.

Os gañadores foron na categoría de tema libre, o premio, dotado con 300 euros en metálico, diploma e trofeo, foi para José Marcelino Saavedra Martínez, pola fotografía presentada baixo o título ‘Ascensión’. Ademais o xurado acordou distinguir co premio Carlos Valcárcel, dotado con 450 euros en metálico, diploma e trofeo, a fotografía titulada ‘O antigo e o novo’, de Yana Nagaytseva.

O xurado encargado de fallar os premios do XX Maratón Fotográfico do Campus de Lugo acordou tamén distinguir cun accésit a Rafael Corral Bellas, pola fotografía ‘Apertas infernais’, presentada na modalidade de tema libre. 

Unha vez rematada a entrega de galardóns, o coordinador do Espazo de Fotografía da USC e do Maratón Fotográfico do campus de Lugo, Eduardo Ochoa, procedeu á lectura dos nomes dos preto de medio cento de participantes que presentaron as súas achegas fotográficas ao XX Maratón Fotográfico do Campus de Lugo e que tamén recibiron cadanseu diploma acreditativo ademais do catálogo dixital que recolle unha escolma de todas as fotografías presentadas á vixésima edición deste certame.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova