Cargando....
Concello de Lugo
22/10/19
NOVAS
Escoita esta páxina

A cidade de Lugo acolle dende mañá o Campionato Nacional de Probas Motrices de Special Olympics


# Xoves, 27/11/2014
Nesta actividade participaran máis de 250 persoas entre deportistas e voluntarios e nas que se realizarán 10 tipos de probas diferentes

Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, acompañado polo Vicepresidente da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, e por Julio Cortiñas, Vicepresidente de Special Olympics, presentaron o V Encontro Nacional de Probas Motrices Special Olympics España que se celebra este fin de semana na cidade de Lugo.

López Orozco sinalou que “para a cidade de Lugo é moi importante ter unha competición destas características e que conta con persoas dende moitos puntos de España” e lembrou que “o Concello sempre apoia todas as actividades dirixidas a persoas con algún tipo de discapacidade e neste caso non vai ser menos”.

A cerimonia de apertura terá lugar mañá venres ás 20 horas no Pazo Provincial dos Deportes que acollerá a deportistas con discapacidade intelectual chegados de 5 Comunidades Autónomas de toda España e de Galicia. Estas actividades prolongaranse durante todo a fin de semana e nelas preto de 120 deportistas poderán participar en probas de desprazamento, tiro de disco, recepción de pelotas, lanzamento a canastra, lanzamento de precisión, tiro a portaría, raquetas e pelotas, equilibrio dinámico, desprazamento con diferentes apoios, bowling e petanca.

En total, Lugo acollerá a 118 deportistas, 38 adestradores e 90 voluntarios que co seu apoio desinteresado fan posible tódolos eventos deportivos organizados por Special Olympics España e Galicia.

 A través dun circuíto de probas básicas, Special Olympics e a Fundación Mapfre achegan o deporte ás persoas con discapacidade intelectual con maiores dificultades motrices. O programa que consta de adestramentos semanais, encontros rexionais e a celebración dun encontro nacional como fin de curso, consiste na superación dun percorrido de dez probas coas que melloran as súas capacidades motrices básicas. O programa naceu en 2010 da vontade de achegar o deporte a tódalas persoas cunha discapacidade intelectual, creando Juntos lo Logramos, no que xa participaron nos últimos tres anos máis de 3.500 deportistas.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova