Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Xustiza arquiva outra causa contra o Alcalde de Lugo


# Venres, 28/11/2014
A Audiencia Provincial confirma o arquivo dunha denuncia contra López Orozco pola distribución do complemento de productividade

O Concello, satisfeito polo auto xudicial que pecha unha causa aberta no 2011


O Concello de Lugo comunica que a Audiencia Provincial vén de notificar un auto no que se arquiva definitivamente unha denuncia que motivara a imputación do Alcalde da nosa cidade, José López Orozco, no ano 2011.

O auto da Audiencia confirma unha resolución anterior da Xuiza de apoio do Xulgado de instrucción número 1 de Lugo que, no pasado mes de xullo, xa acordara o arquivo da denuncia interposta contra a distribución da produtividade entre o persoal municipal no ano 2010.

O pronunciamento da Sección 2ª da Audiencia Provincial débese ó recurso que interpuxeran os denunciantes e coincide co criterio expresado tanto pola Xuiza instrutora como polo Ministerio Fiscal, que declarara, ata en tres ocasións, que non existía ningún tipo de delicto.

O Concello felicítase por esta decisión da Audiencia Provincial que pon en evidencia, unha vez máis, o correcto proceder do Alcalde de Lugo.

Esta resolución favorable ó Alcalde de Lugo ven sumarse ós arquivos doutras causas nas que estivera imputado José López Orozco, como o chamado Caso Campión ou a querela de Alpul por inxurias e calumnias. E tamén se engade ós arquivos doutras causas nas que se investigaron actuacións do Goberno municipal que foran postas en cuestión por diversos colectivos, como a recente sobre o proxecto de rehabilitación do Vello Cárcere ou a do procedemento para a creación dunha Empresa mixta da Auga.

No auto, o alto tribunal lucense desbota a existencia de ningunha arbitrariedade no reparto da produtividade e deixa claro que “no se derivan, a juicio de la Sala, indicios de infracción penal, debiendo de recordarse la libre elección del Sr. Alcalde para tal reparto, que no implica, desde luego, el amparo de la arbitrariedad, situación ésta, sin embargo, que no aparece mínimamente acreditada, siquiera fuere indiciariamente, más allá de las discrepancias u opiniones encontradas a propósito de tal reparto”.

O tribunal rexeita así que a distribución do complemento de produtividade, recollido nun Decreto do Alcalde de 13 de decembro de 2010, se fixera de xeito arbitrario e tivera nada que ver co contido favorable dos informes sobre o PXOM emitidos polo Secretario, o Xefe do Servizo de Arquitectura municipal e o Xefe do Servizo de Urbanismo.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova