Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Este domingo iníciase o XV Circuíto Larsa Corre con Nós nas Pistas Gregorio Pérez Rivera con máis de 2.600 persoas inscritas


# Venres, 28/11/2014
A recollida de dorsais e chips para os corredores que elixiron facelo presencialmente será este sábado no Centro Comercial As Termas en horario de 16:00 a 20:00

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
A Concellería de Deportes, que dirixe José Manuel Díaz Grandío, informa que este domingo iníciase o XV Circuíto Larsa Corre con Nós ás 12:00 horas nas Pistas de Atletismo Municipais Gregorio Pérez Rivera.

 

A inscrición este ano manténse con respeto ao ano pasado con 2.600 atletas e do que se agarda unha participación de 1800 atletas aproximadamente. A recollida de dorsais e chips para os corredores que elixiron facelo presencialmente será este sábado no Centro Comercial As Termas en horario de 16:00 a 20:00, xa que non se entregarán dorsais o día da proba.

 

A carreira para adultos, comezará sobre as 12:45 horas con saída e meta nas pistas de atletismo e onde os corredores terán que enfrentarse a un percorrido de 4.900 metros, cun trazado sen dificultade apto para todo tipo de corredores no que se mestura asfalto e terra.

 

Ademais está prevista a participación de preto de 800 nenos e nenas. As distancias dos circuítos son os seguintes: na categoría Mini ás 12 horas é de 400 metros, na categoría A (6 a 8 anos) é de 800 metros, na categoría B (9 a 11) é de 1.650 metros, na categoría C  (12 a 14 anos) é de 2.600 metros.

 

O Circuito presenta este ano unha novidade na configuración dos equipos. A inscrición farase dende unha plataforma paralela, mediante un sistema de invitacións similar aos das redes sociais. Cada equipo terá un capitán que enviará unha invitación a todos aqueles que queiran que formen parte do mesmo.

 

De esta forma, a organización da resposta ás necesidades detectadas en edicións anteriores. Con esta nova modalidade preténdese aumentar a participación, implicación e comunicación entre os corredores do equipo. A seguinte proba do circuito será a Lugo Monumental para os nenos/as e a Nocturna de Xaneiro para os adultos.

 


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova