Cargando....
Concello de Lugo
19/07/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O alumeado de Nadal estará encendido para o primeiro fin de semana de decembro


# Venres, 28/11/2014


A Concelleria de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua informou que o alumeado de Nadal encederá as súas luces para o primeiro fin de semana de decembro que ademais coincide coa ponte da Inmaculada e estará funcionando ata o 7 de xaneiro.

A empresa encargada de instalar este ano o alumeado en 33 rúas da cidade, ademais de instalar os rótulos de “Boas Festas” ou “Bo Nadal” en distintos lugares, será ElectroMiño por un importe de 37.103,28 euros e máis de trinta arcos a maiores como se aprobou na Mesa de Contratación celebrada esta mañá.

Algunha das rúas que se inclúen este ano na instalación do alumeado serán as da Raíña, Nóreas, do Teatro, Clérigos, Bolaño Ribadeneira, Bispo Basulto, Catedral, Praza de Santo Domingo, Soidade, Montero Ríos, Comandante Manso, Fontiñas ou San Roque.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova