Cargando....
Concello de Lugo
17/07/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Centro de Empresas e Innovación do Concello de Lugo cumpre mañá dez anos


# Venres, 28/11/2014


Imaxe Asociada
A Concellería de Economía, Emprendemento e Autónomos, que dirixe Rosana Rielo, informa de que mañá, sábado día 29 de novembro, se cumprirán dez anos de funcionamento do Centro de Empresa e Innovación do Concello de Lugo.

Na véspera deste aniversario, a Concelleira de Economía, Rosana Rielo, xunto con técnicos do CEI-Nodus, membros das empresas instaladas nos despachos e obradoiros dos que dispón este Centro municipal, así como persoal do obradoiro de emprego Arqueo Lvcvs xuntáronse esta mañá para facer unha fotografía conmemorativa.

Nesta imaxe xuntáronse, ademais da Concelleira, persoal municipa e do obradoiro de emprego, representantes da Asociación de Mulleres Empresarias da Provincia de Lugo e das empresas M3 Auga, Conpass, Mercase, Aire-Producciones, Sistemas Normativos de Consultoría, Obradoiro de Cociña, ENDE 3 Ingeniería, Could Factory, Confetti e APMSocial.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova