Cargando....
Concello de Lugo
14/10/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo concede subvencións por máis de 20.000 euros a asociacións sen ánimo de lucro


# Martes, 02/12/2014
As sete entidades beneficiarias desenvolven o seu traballo no eido dos servizos sociais na cidade

A Concellería de Benestar Social e Igualdade informa da concesión de subvencións a favor de asociacións e entidades sen ánimo de lucro que desenvolven a súa actividade no eido dos servizos sociais no Concello de Lugo durante o ano 2013. O importe total das axudas é de 23.835,95 euros.

Neste sentido, son sete as entidades beneficiadas como son a Asociación Aliad Utreia por importe de 3.135 euros para gastos de equipamento; a Asociación Cultural de Axuda a enfermos crónicos por importe de 986,10 euros e destinado para as actividades realizadas durante este ano; a Asociación Cultural de maiores e xubilados Vías por importe de 2.332,84 euros e destinado a viaxes culturais; a Asociación Parkinson Lugo para o programa “Actividades non farmacoloxicas: fisioterapia, logopedia, pilates e asesoramento” por un importe de 4.276,87 euros.

Tamén recibiron subvención a Asociación socioeducativa Antonio Gandoy por importe de 3.885 para o programa “Espazos das familias”;  a Fundación Juan Soñador por importe de 3.888 euros para un proxecto de intervención socioeducativa para nenos, nenas e adolescentes en situación de risco ou exclusión social; e o Voluntariado Penitenciario Lucense para o alugamento de casas de acollida para presos por importe de 3.420 euros.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova