Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo organiza distintas actividades culturais para desfrutar desta ponte de decembro


# Martes, 02/12/2014
As persoas interesadas poderán inscribirse gratuitamente no teléfono de atención cidadá 010 ou na Oficina Municipal de Turismo

Imaxe Asociada
A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, que dirixe Carmen Basadre, organiza varias actividades culturais durante esta ponte de decembro, a través das que se poderá coñecer mellor a cidade e a zona rural lucense.

O sábado 6 de decembro realizarase unha excursión polas Terras de Auga e Cultura na que se visitarán varias parroquias da zona rural de Lugo, concretamente será de Santalla de Bóveda a San Pedro de Mera, con saída ás 10:30 horas do tramo peonil da Ronda da Muralla e regreso ás 18:30 horas.

O domingo 7 de decembro haberá unha visita de Lugo en Rochas con saída ás 12:00 horas do miradoiro do Parque de Rosalía de Castro. Trátase dun paseo que permitirá ver máis detalladamente a paisaxe urbana da cidade a través das súas rochas, das construccións e dos chans.

O luns 8 de decembro farase outra excursión polas Terras de Auga e Cultura, desta vez será para visitar os agros e as carballeiras de Maceda, situadas no municipio do Corgo. A saída será ás 10:30 horas do tramo peonil da Ronda da Muralla e o regreso ás 18:30 horas.

Para participar nestas actividades hai que inscribirse gratuitamente a través do teléfono de atención cidadá 010, ou no 982 297 350 para chamadas dende fóra de Lugo. As inscricións tamén poden realizarse na Oficina Municipal de Turismo, situada na Praza do Campo, 11.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova