Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo comeza a segunda fase do Plan de Administración Electrónica co que se mellorará os servizos a cidadanía


# Mércores, 03/12/2014
Con estas actuacións e a nova web os cidadáns poderán realizar máis de 200 novos procedementos a través de Internet

Imaxe Asociada
O Concelleiro de Servizos Xerais e Participación Cidadá, Manuel Núñez, informou esta mañá do comezo da segunda fase do Plan de Administración Electrónica do Concello de Lugo, que ten como obxetivo a corto, medio e longo prazo de avanzar na prestación de servizos aos cidadáns por parte do Concello de Lugo.

Manuel Núñez explicou que este plan non ten custos en equipación, licenzas nin contratacións, pero é de vital importancia tanto para o desenrolo da administración electrónica no Concello. Tamén vai a permitir que o Concello ofreza servizos de calidade aos cidadás a través da páxina web e ademais de conectalo coas demais administracións públicas.

Na primeira fase traballouse a un nivel interno mediante software libre para a creación de plataformas como arrobafirma e outros programas para a xestión de decretos que permiten darlle firma dixital a todo aquel que o necesite no Concello de Lugo. Esta nova plataforma tamén vai a permitir aforrar o uso do papel na tramitación interna e unha maior axilidade na tramitación entre departamentos municipais segundo explicou o responsable da área de Informática.

A segunda fase que comeza agora ten unha clave máis externa e vai dixirida a prestar un servizo máis áxil á cidadanía que lle permita a realización correcta e con garantias da maioria dos tramites municipais a través da web ou da carpeta cidadá. Neste sentido implantaranse programas que en conxunto funcionarán como un sistema xestor da sede electronica na que se realizarán máis de 200 trámites diferentes.

O Concelleiro de Servizos Xerais tamén informou que o número total de cidadáns que accederon á Oficina Virtual foi de 1.532 persoas dos que só 119 tiñan certificado dixital o que “nos ven a dicir o pouco uso do certificado dixital e que fai necesario que os cidadáns collan o tren das novas tecnoloxías”. Destes usuarios o número de solicitudes presentadas foi de 1.235 que xeraron a creación de 1.243 documentos.  En canto ao libro único de decretos, un sistema interno de funcionamento, xa se asinaron 24.739 decretos que xeraron 46.557 novos documentos.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova