Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

No Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional as asociacións solicitan a inclusión e normalización social


# Mércores, 03/12/2014


Imaxe Asociada Imaxe Asociada
A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, asistiu hoxe á lectura do manifesto co motivo do Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional, que se levou a cabo na Praza Maior ás 12.00 horas. Este ano Beatriz Fernández, representante da Asociación Galega de Lupus (AGAL) na Delegación de Lugo, foi a encargada de ler en nome de todas as asociacións o manifesto.

O manifesto lembra nun día como hoxe que “a discapacidade está presente na nosa sociedade e por elo precisamos que non se esqueza e que todos aqueles que poidan nos axuden a avanzar”

Beatriz Pérez salientou na lectura que “temos que conseguir eliminar as barreiras arquitectónicas para crear unha maior accesibilidade e mellorar a nosa autonomía persoal que nos permita lograr unha integración plena no ámbito social”. Para poder acadar estas ideas dende as asociacións pídese que “as autoridades nos axuden a non retroceder, precisamos que se incrementen os recursos para a atención as persoas com discapacidade e non que descendan, tanto no ámbito laboral como no sanitario ou na investigación”. Rematou o manifesto declarando “como prioritario o recoñecemento da función da familia e do coidador” e solicitando “non máis cambios para nós sen contar con nós”.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova