Cargando....
Concello de Lugo
20/10/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello achegará 68.000 euros para mellorar a accesibilidade de tres prazas do Casco histórico, proxecto que terá un custe total de 153.000 euros


# Mércores, 03/12/2014
A Xunta de Goberno acorda sacar a licitación o servizo de lacería

Imaxe Asociada
O Voceiro do Goberno local e Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, informou hoxe de que o Concello de Lugo financiará con algo máis de 68.000 euros as obras para mellorar a accesibilidade en tres das prazas do Casco histórico da nosa cidade.

Luis Álvarez explicou que a Xunta de Goberno Local aprobou este mércores a modificación da Memoria-Programa da Fase número XIII de rehabilitación delimitada para o ámbito do Recinto Histórico de Lugo e a súa zona de influencia, xa que a achega económica do Ministerio de Fomento  para a obra de accesibilidade e mellora de servizos en Casco Histórico Pío XII, Praza de Soidade e Praza  Maior, pasa do 30% ó 35% do total do presuposto, coa conseguinte diminución no financiamento por conta do Concello.

Este proxecto ten un orzamento previsto de 153.569,81 euros que, co novo financiamento, distribuirase do seguinte xeito: Ministerio de Fomento 53.749,43 euros, Xunta de Galicia 31.762,06 euros e Concello de Lugo 68.058,32 euros.

Asimesto aprobouse a correspondente ficha resumo en modelo normalizado do Ministerio de Fomento, dacordo coas aclaracións dadas nunha xuntanza convocada polo IGVS cos responsables das oficinas de rehabilitación sobre como realizar as xestións oportunas para a implantación do novo Plan de Vivenda 2013-2016 na Comunidade Autónoma de Galicia.

Ademais, a Xunta de Goberno decidiu poñer en marcha o procedemento para a contratación dun servizo de lacería e intervención con animais domésticos, animais abandonados ou feridos. A duración do contrato será dun ano prorrogable a outra anualidade máis. O prezo do contrato é de 48.000 euros para a primeira anualidade.

A Xunta de Goberno tamén tomou o acordo de incoación, dacordo coa Lei de contratos do sector público, dun expedente de determinación da responsabilidade por parte de Creus & Carrasco Arquitectos, en condición de contratista do servizo para a redacción do proxecto de rehabilitación do Vello Cárcere, xa que se detectou unha deficiencia no mesmo que obrigou a contratar a instalación dun canalón cun custe de 15.401 euros e polo tanto, dando lugar a unha indemnización por importe de 7.700 euros.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova