Cargando....
Concello de Lugo
20/10/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Goberno local aplaude que a Xunta queira rebaixar, por fin, o prezo do solo industrial, unha medida reclamada polo Concello de Lugo dende a inauguración do polígono das Gándaras


# Mércores, 03/12/2014
Luis Álvarez felicita ó BNG por propoñer que a oposición forme parte das Mesas de Contratación, como sucede no Concello de Lugo dende hai anos

O Voceiro do Goberno local e Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, saudou hoxe que o Partido Popular e o Bloque Nacionalista Galego plantexen como novidosas dúas iniciativas que xa ten en marcha dende hai anos o Concello de Lugo.

Luis Álvarez avaliou deste xeito o anuncio feito pola Xunta de Galicia, segundo o cal se prantexa reducir o prezo do solo industrial, e a proposta do BNG de incluir a todos os grupos políticos nas mesas de contratación.

“Se ve que non dista nada o modelo que propoñen como ideal do que xa vén facendo dende hai moito tempo este Goberno”, manifestou Luis Álvarez en relación con estes dous anuncios.

O Voceiro do Goberno local saudou que a Xunta de Galicia se plantexe, por fin, unha nova estratexia, que foi aprobada no último Consello do Goberno galego, e na que se inclúe como medida estrela a reducción ata o 50% no prezo do solo industrial.

Álvarez lembrou que o Concello de Lugo leva anos reclamándolle á Xunta de Galicia o abaratamento do solo industrial para facilitar a instalación de empresas no polígono das Gándaras. Salientou, ademais, que, como se sabe, esa medida xa lla propuxera o Goberno municipal de Lugo, lamentablemente sen éxito, á Comunidade Autónoma no momento da inauguración do devandito polígono e a Xunta non fixo caso ningún desa proposta.

Recordou, tamén, o Voceiro do Goberno local que o Concello de Lugo, ademais de facerlle esa proposta á Xunta, tomou a iniciativa, xa daquela, de reducir á metade o importe do Imposto de Construcións, Instalacións e Obras que deben aboar ás arcas municipais  as empresas que se instalen no polígono das Gándaras.

“Cantos anos levamos dicindo iso? Por fin lles entrou un pouco de sentido común e agora a Xunta é consciente de que as administracións temos que sacrificarnos e non convertir os investimentos que facemos nun negocio”, manifestou Luis Álvarez.

Tamén saudou o Voceiro do Equipo de Goberno a decisión do BNG de incluir na súa estratexia na defensa dos sectores públicos, co fin de aumentar a transparencia na xestión, unha proposta consistente en que todos os grupos políticos pasen a formar parte das Mesas de Contratación das administracións, algo que xa sucede, dende hai anos, no Concello de Lugo, e non só nas Mesas de Contratación senón tamén na Xunta de Compras.
“Iso en Lugo sería unha novidade espectacular” ironizou o Voceiro do Goberno local e preguntouse “se o BNG non copiaría esta idea para o seu modelo do Goberno de Lugo, porque aquí todos os grupos políticos están tanto nas Mesas de Contratación como na Xunta de Compras”

As Mesas de Contratación e a Xunta de Compras son os órganos que teñen atribuida a responsabilidade de adxudicar todos os contratos e de aprobar todas as facturas que paga o Concello e, no caso de Lugo, neles participan, xunto cos técnicos municipais, representantes do Goberno e tamén dos grupos políticos da oposición.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova