Cargando....
Concello de Lugo
20/08/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello detecta erros nas cantidades que pretende cobrar Urbaser polo tempo no que Lugo sofriu a folga do lixo


# Mércores, 03/12/2014


O Voceiro do Goberno local e Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, explicou hoxe que os técnicos do Concello de Lugo están a revisar polo miudo os servizos que pretende cobrar a empresa Urbaser correspondentes ó tempo que se prolongou a folga de limpeza e recollida do lixo.

O Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente tamén avanzou que as cantidades presentadas por Urbaser son incorrectas. Aínda que non se completou a revisión das mesmas hai algúns erros considerables como os referidos á recollida selectiva de lixo xa que non se prestou ese servizo e, polo tanto, non se pode facturar.

Ademais, Luis Álvarez lembrou que o que presentou no Concello a concesionaria foron unhas facturas proforma e explicou que a empresa utiliza esa estratexia para evitar ter que ingresar o IVE, como sucedería se presentara facturas. As cantidades que pretende cobrar Urbaser son 374.000 euros polo mes de xuño, 430.000 euros polo mes de xullo e 567.000 polo mes de agosto.

Logo de explicar en rolda de prensa que o Concello só pagará os servizos prestados e que se están a revisar día por día e polo miúdo as cantidades que pretende cobrar Urbaser, o Voceiro do Goberno local tamén manifestou que, segundo as pretensións do Voceiro do Partido Popular, Jaime Castiñeira, serían os antigos Concelleiros do PP os responsables de ter pagar do seu peto a cuantiosa débeda contraída coa Seguridade Social e co Concello de Lugo por Frimiño por terlle adxudicado a esta empresa a concesión do Matadoiro municipal.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova